31 marzo, 2009

Tengo una pregunta para Rajoy


Rajoy apareceu onte en TVE1 con aplomo, seguridade e cercano, como si se tratase dun cidadá máis que coñece perfectamente as necesidades de todalas zonas de España. Deixou atrás a visión catastrofista , e por fin esfumarónse as sete plagas...o sistema financieiro é sólido -dixo- e os nosos aforros están garantizados. Este novo Rajoy pouco ou nada tiña que ver co Rajoy ao que estamos acostumbrados. Falou de pacto, pacto antiterrorista, pacto para resolver a crise...E posicionouse a favor da investigación con células nai con rotundidade, así como a favor do testamento vital, ainda que afirmou que el non o tiña.


Defendeu a lei do aborto tal e como está, baseándose na procura do consenso dentro dunha sociedade plural, e instou a un inmigrante sin papeis a continuar loitando na procura dun traballo. Profetizou a chegada de tempos mellores coma si fose un mesías, e lonxe do que esperabamos del, que inculcase medo e desconfianza, inxectounos optimismo ,ilusión e esperanza.

¿ Cal é o auténtico Rajoy? A viraxe nas formas e no fondo que puidemos contemplar onte só pode entenderse dun único xeito : marketing. Os políticos venden un produto á sociedade e publicítano da mellor maneira posible. Si o Rajoy preelectoral non vendeu o suficiente, hai que mudar o seu envoltorio e ofrecerllo aos consumidores (votantes) como un produto novo, máis asequible ás súas necesidades. De ahí o Rajoy moderado de onte , o Rajoy do consenso, cercano ao pobo, nostalxico da súa Pontevedra natal, involucrando ao auditorio nas súas anécdotas persoais...

Todo estaba perfectamente coidado nesa imaxe preconfigurada para a ocasión, ata o detalle dun bolígrafo Bic azul nas mans, que manoseaba ao tempo que falaba.

O novo Rajoy casi me chega ao corazón, casi -teño que recoñecelo- me convence porque parecía mesmo un home franco e sinceiro, comprometido cos problemas dos españolitos, e sobre todo sensible coas necesidades do pobre camioneiro que cobra pouco máis que 800 euros. " As pensións en España son baixas", "ese soldo é pequeno" "eu sinto menos a crise que unha persoa que non ten un soldo"...Frases entrañables para un home que vive noutra realidade, e que decidiu facerse mortal durante unha hora e media para ir a un programa de televisión.


30 marzo, 2009

Primavera



A primavera instalouse vagamente, con clima invernal e cambio de hora. O mércores comeza a andaina do novo Parlamento e pronto Feijoo será investido presidente. A era Feijoo xa se percibe na rúa e resoa no aire a palabra "austeridade" como unha bandeira que o novo goberno quere facer súa. Así de forte é o poder das palabras, basta con pronuncialas con certa frecuencia para convertilas en esencia, en realidade mesma das cousas , porque calquera mentira a base de repetila faise certa. A austeridade que predica Feijoo de momento é tan só unha palabra bensoante nestes tempos de crise, unha palabra que ben pode coroar a súa investidura, pero só as cifras reais, cando o novo goberno comece a súa xestión , nos dirá si realmente esta vai ser a lexislatura da austeridade. Eu teño certas dúbidas, en parte porque hai cousas que de entrada non me cadran. Por exemplo, Feijoo fixo a promesa de reducir a dez as consellerías para aforrar, pero ao tempo fai incompatible o cargo de conselleiro co de diputado, polo que si un diputado electo é nomeado conselleiro deberá renunciar á súa acta de diputado, e o seu posto será ocupado por outro. O resultado, en lugar de un soldo ( o conselleiro diputado só cobraba un soldo) pagaranse dous a dúas persoas diferentes.

Pero na primavera hai opcións máis apetecibles que engancharse da política para pasar o rato. Hoxe eu quero engancharme, por exemplo, da posibilidade, por pequena que sexa, dun "rollito de primavera",que nos quite a todos da rutina gris do inverno que deixamos atrás. A esperanza é abril, con choiva ou sin ela, e todas as expectativas que trae a nova estación, os días longos , a proximidade do verán... A era Feijoo chega en primavera, e eu paso, simplemente.

26 marzo, 2009

“—Sepárense. Eso es todo lo que se puede hacer. “—Pero ¿cómo viviremos? “—Como viven los hombres.” ...Juan Rulfo ( Pedro Páramo)

As veces esta é a única saída posible, a definitiva. Un sabe que ama demasiado cando só lle queda para salvar ese amor apartarse da persoa amada. A enfermidade garda na súa propia esencia a cura mesma. Morro sin ti, e no fondo es ti quen me mata. O dito aquel " ni contigo nin sin ti" non é certo. Contigo quizais non, pero sin ti, eso sempre é posible. O amor pode extenderse como un mal, medrar ata causarnos afogo, ata convertirnos en seres distintos ao que sempre fomos, pero cando ese amor nos causa máis ansiedade que ledicia, cando xa non vemos o mundo máis que a través da ollada do ser amado, cando non é xa amor,senón que está mais cerca da loucura...entón a solución está sempre na distancia.
O desamor só doe cando vive no piso de enfrente, na mesma oficina, na mesma cidade...Pero cando se poñen quilómetros por medio, o desamor convirtese en nostalxia, e a nostalxia remata sendo olvido. O amor desenfrenado, sin límite, causa máis estragos ca o desamor, e ten sen embargo, sin ser a mesma cousa, a mesma solución. Cando se ama tanto que unha xa non sabe quen é, cando todo o horizonte é a vida allea da persoa amada, antes de acabar nun manicomio debe un/unha desaparecer, e aprender a vivir como viven os demais. A vida non ten que ser unha montaña rusa de paixóns sen freno, a vida pode ser un páramo doce de tranquilidade , na que o máis relevante dun día sexa contemplar unha posta de sol. A vida pode ser un paseo, un café nun bar lendo o xornal, un tedio gris nunha tarde de outono, o mar batendo contra as rocas ...Tamén é posible vivir sin amor.

24 marzo, 2009

Facebook, tralo rastro da túa intimidade pública

Vivimos nunha era tecnolóxica onde as telecomunicacións configuran o noso escenario diario. As novas tecnoloxías conforman parte da nosa cotidianidade dun xeito tan natural como imprescindible. Hoxe ninguén imaxina a vida sin teléfono móbil, sin internet, sin mp3...E é precisamente neste medio onde cobran relevancia cada vez con máis forza as redes sociais, das que o Facebook é unha das maioritarias.
Practicamente podemos afirmar que si non estás no Facebook non estás no mundo. Pero, ¿para qué está un ou unha no Facebook? Vexo primeiramente nesta rede social un afán de ensalzar o propio ego dun xeito incluso algo preocupante. Eu fago, eu son eu penso, eu convidote á petardería de turno...O eu convirtese no centro da páxina de cada usuario, no que cada quen mostra a súa intimidade como si a expuxese nun escaparate. Vivo para congalo no Facebook. Cada cousa que fago expóñoa na rede en tempo casi real, e vou coa cámara colgando para construír a miña vida a fotogramas e ir mostrandoa no Facebook catalogada por albumes. Deste xeito o Facebook é o soporte virtual da nosa realidade, pero neste afán de ir mostrando paso a paso o noso día a día, acabamos por caer na trampa non de vivir a vida e contala, senón de vivila para contala.
Hai un regusto de narcisismo na esencia mesma do facebook, pero tamén hai moito de "voyerismo" no feito de pasar as horas pinchando enriba dun perfil e doutro, na procura dos pensamentos alleos, da intimidade allea que se exhibe na rede como si se tratase dunha heroicidade digna de compartirse co mundo.
As nosas vidas, as miles de vidas anónimas apenas gozan de interese e mesmo de sentido, pero no Facebook convértese un nalguén importante, nun número que conta para outros números. Tes o teu perfil no facebook e xa eres importante para alguén, xa alguén entra no teu perfil e le a tua frase do día, na que ti vas retransmitindo o teu estado de ánimo ou as túas intimidades fisiolóxicas :como, vexo a televisión, abúrrome, voume duchar...O teu amigo número 35 rastrea a túa páxina buscando os teus últimos devaneos amorosos, este ten máis de voyeur ca outros, aos que só lles interesa ver as fotografías da túa última acampada. Pero o 35 quere saber con quen tomaches a última cervexa e quen foi o que amenceu á túa beira o domingo. E dache entón palabras de ánimo, si descubre que non triunfaches. E parabens si conseguiches follar por fin ao número 64, que poñía no seu estado : "pasei unha noite marabillosa". Somos un produto do noso tempo, e así nos tocou ser amigos clasificados por números, que pintan a súa mellor sorisa na súa foto de perfil agardando o ansiado " tes unha solicitude de amistade" para engrosar a súa lista e medir de paso a súa popularidade.

23 marzo, 2009


Recén chegada de Madrid, ainda coa ollada sobre ese ceo claro que se divisa dende a fiestra do piso dos meus amigos, unha luz tan distinta como familiar, tan pura como entrañable e recoñecible. Voltar a Madrid é voltar a esa mesma luz , voltar ás sobremesas tranquilas , tomando café e falando de todo un pouco, coas bromas sutiles adornando o ambiente; "nosotros los intelectuales..." Hai tempo para casi todo en Madrid, porque o tempo estirase, roubanselle horas ao sono e a rúa convirtese no escenario principal. Cañas, paseos, terrazas, teatros, tendas de museos, (museos), metro, metro , metro...Madrid sempre é unha festa e eu son a invitada principal , a estrela da fin de semana, con anfitrións de luxo e cariño a mans cheas.


Madrid é outro mundo. Nun teatro de verdade unha obra de verdade, desas que che encollen as entrañas, que che fan medrar queiras ou non, que non sabes si te ensanchan ou te aniquilan, que non sabes si son para ben ou para mal...Platonov, esa obra dun Chejov no seu primeiro momento, coa súa esquizofrenia particular, cos seus temas e as súas obsesións. Durante as casi tres horas que dura a obra ,vaite envolvendo dese vértigo espeso, un desasosiego que medra a cada minuto, ao tempo que as personaxes se definen.

Agradece unha o teatro así, ao grande , dende un palco maxestuoso, sentindo que estás asistindo a un espectáculo que non se atopa en calquera esquina. E teatro de verdade, con actorazos e un público entregado ao drama dende o primeiro momento.

Todo se queda algo empequenecido despois dunha obra así, como si a vida quedase suspendida por unhas horas, a mente exhausta tras ese tempo de vértigo e agonía. Custa repoñerse, voltar á rutina do noso século, das nosas preocupacións, das nosas vidas normais nun sábado normal no que nos agardan bares e amigos.

Ainda hoxe andamos a darlle voltas a experiencia, como si todavía non acertasemos a colocar as sensacións no sitio preciso para que non nos fagan demasiado daño. A loucura non é tan extraña a nós como creemos, está por todas partes e acechános ao dobrar calquera esquina. O amor, o odio, a traición, a deseperanza, a inxusticia, a febre...,a dor , a morte en vida...

18 marzo, 2009

Síntese a primavera por tódalas esquinas, facendo ruido, non querendo pasar desapercibida. Este ano a cousa vai ir de alerxias, e iso tamén se percibe por todalas esquinas. Polo demais, os días discurren calmos baixo esta nova luz, e o amor anda a dar saltos, en fin, xoguetón , escurridizo, sempre sorprendendo...
*
Teño a mala hostia toda concentrada na Igrexa e as súas recentes manifestacións, postas en boca de Benedicto XVI. Resulta que o condón agrava o problema da Sida en Africa. Dixo isto en Camerún, na súa primeria viaxe ao continente africano. As reaccións non tardaron en facerse notar,sobre todo de xeito contundente por parte do goberno camarunés, que expresa que isto supón un retroceso na súa loita contra a enfermidade, e tamén un retroceso na concienciación da poboación na prevención da enfermidade. Unha ONG de Camerún manifestou de inmediato a súa consternación polas declaracións do pontífice, porque a realidade é que as palabras de Benedicto non poden pasar desapercibidas para ninguén, e non deixan de ser un atentado frontal contra a loita contra o Sida en Africa, na que moita poboación está afectada.
Respetar as crenzas relixiosas é unha cousa, e outra ben distinta e que a Igrexa arremeta deste xeito irresponsable contra a prevención dunha enfermidade que se propaga rápidamente e que causa morte en todo o mundo.

16 marzo, 2009

Caminha é un bó sitio para vivir.

E posible atopar a dirección correcta. Hai miles de direccións e a maioría son equivocadas, pero tamén é posible acertar por unha vez, ou mesmo mudar de sentido cando vemos que nos estamos equivocando. As veces está unha nunha encrucillada de camiños e tenta sobrevivir, simplemente, do mellor xeito posible. Sempre hai que ter un salvavidas á man, un colchón para os tempos difíciles nos que o mundo se revolve baixo os teus pés.
Non agardas nada, pero mudas o rumbo, e non falla: suceden cousas extraordinarias. Entón recuperas a confianza perdida. A confianza nas persoas, a confianza nas túas propias forzas, no teu propio instinto de supervivencia.
***
Pasei moito tempo crendo que o amor aparecía ao dobrar calquera esquina, como unha convulsión, sin previo aviso, arrasando con todo. Estaba en parte no certo, en parte equivocada. O amor , cando xa tes máis de trinta anos, non te colle por sorpresa, non te asalta no medio dunha noite que ule a primavera, nin irrumpe con tanta forza que mesmo parecería que vai acabarche coas forzas todas do teu pobre corazón.
O amor non sempre se atopa ,tamén pode buscarse e mesmo cultivarse con dedicación , paciencia e vontade. Só hai que saber buscalo, e recoñecer cando por fin temos diante a súa posibilidade.
***
Cando estaba alí non soupen moi ben valorar o momento. Quizais non eran suficientes os seus brazos rodeandome con forza, os seus bicos suaves, a súa pel contra a miña...Quizais non era suficiente o seu sorriso e a súa entrega. E logo, de pronto todo se convirte en pasado, en nostalxia, nunha dor extraña que fai tempo que non sentía. E cobran relevancia os abrazos, os bicos, as caricias...E alégrome de corresponder co mellor que tiña, a miña vontade de permanecer alí, serena e feliz, ainda que non soupese moi ben o que aquelo significaba.
***
...soou a música...foi como si sucedese por primeira vez...un, dous, un dous...un, dous, tres, catro...o tempo esvaecido por fin, baixo un ceo distinto, nun país distinto...un ritmo novo, unha forma tan especial de contemplar a miña existencia...e aquela música, en doce portugués...e aquela maneira de aislarnos da vida que acontecía fóra, en todas partes...un balanceo, un susurro, a timidez dun bico que non as tiña todas consigo...a valentía dos amantes que ainda non se coñecen pero que desexan compartir -por riba de calquera outra cousa- esa música...
***
Pregúntome si leerás esto algunha vez, si entendes o que quero contarlle ao mundo cando escribo esto. Non quero falarlles de min, nin de ti, nin da fin de semana, nin da posta de sol, nin da Bruna -que non cheguei a coñecer- nin da praia, nin de nada que teña que ver con nós os dous. Quero falarlles de como se consegue a felicidade, como se busca, como se atopa. Quero falarlles de como o tempo se estira entre os dedos, e de como un momento se convirte en nostalxia para toda unha vida.
***

12 marzo, 2009

A todos os que queiran darse por aludidos...e tamén a ti

Fai tempo que non te leo, que non che escribo, que non te miro de reollo cando nos atopamos nalgún bar...Fai tempo que non che demostro que a miña atracción por ti segue intacta. E certo que a campaña electoral nos distanciou un pouco, ti dixechesme cousas desagradables, e ainda que eu non che repliquei no seu momento, si que me afectaron un pouco. Claro que tiña que discrepar, que defenderme , pero cando falas síntome como nunha nube, presa dunha emoción extraña, casi sin vontade , que me fai parecer algo parva; cousas do amor,supoño. Porque cando falas, eu sei que teño diante ao home que podería amar toda a miña vida, e iso, queiras que non acojona un pouco. O bó que ten ilusionarse con alguén, é que se forma unha a imaxe máis perfecta posible do seu obxecto do desexo, e así ti chegaches a ser perfecto no meu mundo particular. (Ainda que a campaña nos distanciou un pouco). Pero non quería deixar pasar un día máis sin decircho, sin que sepas que todavías eres ti a miña obsesión inconfesable , o meu escritor predileco, a miña paixón secreta...

09 marzo, 2009

Luns 9 de marzo do 2009. Intento recuperar a miña ansia de escribir, por puro parcer, e tamén para pensar e pensarme, para desafogarme tamén dalgún xeito. Estiven algo triste - teño que confesalo- algo ausente, algo despistada. Estiven , quizais sexa a forma máis exacta de dicilo, algo morta. Demasiadas distraccións erróneas que tampouco é que me aportasen demasiado. Pero hoxe, quero recuperar o espacio que deixei baleiro de min, recuperar o modo de sentir e de respirar, no fondo, recuperarme un pouco.
***
Luns, 9 de marzo. Quedou atrás o desencanto, esa xornada gris da democracia que me tinguiu a alma de desesperanza. Pero cada vez que desperto, que me enfrento a un día novo, é un reto vivificador, que en certo modo sinto que necesito. Logo está a esperanza que traen os primeiros raios de sol sobre a pedra das cidades, e a herba nova que resplandece, e as primeiras margaritas...Teño saudade de mil primaveras pasadas, e ao mesmo tempo poño nos vindeiros días todas as miñas expectativas. Non estou namorada, e iso, teño que recoñecer que é unha gran putada, incluso peor que o amor non correspondido. Porque cando asoma a primavera tímidamente por entre as esquinas dos días, e o teu corazón non anda revolto dende a mañá ata a noite, parece que estás morto ou adormecido. Eu son cabezona e oblígome a sentir, obrigo ao meu corazón a que se encolla coa luz dunha mirada azul. que temble coa caricia dunhas mans de sobra coñecidas, que palpite desbocado cos bicos de sempre...Eses bicos...Despois disto, quizais non quede nada.
***

Putrefacción. De Charles Bukowski

Últimamente
Me ronda este pensamiento
Que este país
Ha retrocedido
4 0 5 décadas
y que todo el avance social
los buenos sentimientos de
una persona hacia otra
se han borrado
y se han reemplazado
por la vieja
intolerancia de siempre.
*
Más que nunca
Tenemos
Egoístas ansias de poder
Desprecio por el
Débil
El viejo
El pobre
El desvalido.
*
Estamos reemplazando necesidad con
Guerra
Salvación con
Esclavitud.
*
Hemos desperdiciado
Los logros
Nos hemos deteriorado
Deprisa.
*
Tenemos nuestra
Bomba
Es nuestro miedo
Nuestra vergüenza
Y nuestra condena
*
Ahora
Se ha apoderado de nosotros
Algo tan triste
Que nos deja
Sin aliento
Y ni siquiera podemos
Llorar.

06 marzo, 2009

"Se acabaron las galescolas"

Alberto Núñez Feijoo, futuro presidente da Xunta, comeza a facer demagoxia barata en torno ao conflicto linguístico, ao tempo que lle fai ás beiras á plataforma GB. Di que non quere ningunha imposición linguística e que para acadar ese obxectivo acabará cas galescolas e voltarán as escolas infantís nas que os pais elixan a lingua na que estudien os seus fillos.
"En primer lugar, los padres elegirán el idioma en la educación infantil de 3 a 6 años; además, los alumnos podrán dirigirse en clase al profesor en cualquier idioma, al igual que hacer el examen en castellano o gallego o estudiar por libros de texto en ambas lenguas; y los padres dirán el próximo curso en qué idioma quieren que estudien sus hijos las asignaturas troncales" dixo Feijoo nunha entrevista nunha emisora de radio. Pero o que ata aquí parece unha proposta perfectamente respetuosa co bilinguismo, deixa de selo cando nos metemos na realidade da cousa. Preguntaronlle a Feijoo cómo se vai compaxinar este dereito dos pais a elexir, e non dubida en dicir que o que non se pode facer é duplicar o sistema educativo porque os recursos non son ilimitados , e o mellor é facer o axuste cando se produza a necesidade. E dicir, que os pais ter teñen dereito a escoller que os seus fillos estudien en galego si lles peta, pero que como non hai cartos, pois hai que adaptarse ao que hai, e estudiar no idioma predominante ( castelán, pese á grande preocupación de GB pola súa desaparición). Supoño que de ser finalmente así as cousas, ¿non estaríamos caendo precisamente na imposición linguística da que falabamos ao principio e que Feijoo se propón evitar?
Na mesma entrevista preguntáronlle qué lingua empregaría no Parlamento , ao que Feijoo contestou en perfecto castelán "con carácter generalísimo el gallego". E digo eu si o de "geralísimo" non sería porque se lembrou dun tal Paco...

05 marzo, 2009

Rexurdir

A vida consiste en caer e levantarse, unha e outra vez. Polo camiño perde un forzas , cre desfallecer moitas veces , pero sempre no último momento atopa a coraxe precisa para continuar. Estiven triste, pero agora toca rexurdir e colocarme na posición que corresponde. O PP vai gobernar Galicia con carta blanca e as miñas bágoas de desilusión non van servir para nada. Toca que a esquerda se poña as pilas dende xa, e eu , polo que a min respecta, fareino.
Dixo Fraga que as cousas volvían ao seu estado natural, e quizais sexa iso. Fraga e a dereita coñecen ben aos galegos, o sentir da nosa terra. Os galegos de esquerdas son críticos, pensan por sí mesmos e non dan segundas oportunidades. Os galegos de dereitas síntense cómodos cando teñen a seguridade de que as cousas teñen un rumbo prefixado, cando non hai sorpresas nin cambios. Quizais o estado natural ao que se refire Fraga é precisamente a que a dereita faga o que sempre fixo, e a esquerda ,pola súa parte, ocupe a posición que nunca debeu de deixar de ocupar, a posición comprometida coa súa ideoloxía, ainda que iso supoña nalgunha ocasión non contentar a todos.
Xa non teño lugar hoxe para a tristeza. As derrotas marcan na pel unha pegada profunda pero quizais tamén nos dan a forza que precisamos para ir pola senda da que nunca debemos de desviarnos. Voltamos a demasiadas cousas indesexadas e indesexables, e sin embargo os que realmente somos de esquerdas ,penso que temos que estar agora máis despertos ca nunca, atentos a todo o que de aquí en diante aconteza. Ven un tempo novo e eu non quero rendirme.

02 marzo, 2009

Estou no bando dos perdedores e sinto no peito a tristura profunda que deixan as derrotas. A de onte foi monumental, e a miña alma socialista síntese ferida. Os socialistas non souberon transmitir nin ilusionar, e os galegos falaron a través das urnas sin deixar lugar a dúbida. Quizais hoxe moitos destes votantes do PP se sintan xa arrepentidos do seu voto, e por iso agora non din abertamente que os votaron, pero o caso é que 39 escaños fan a Feijoo presidente da Xunta para os vindeiros catro anos. Virán días de reflexión e de autocrítica nas próximas semanas, o PSOE terá que rearmarse e comezar a súa andadura dende cero, cun novo lider ao frente, e tódolos militantes temos por diante un longo camiño , dende a opoisición, para levar a esquerda ao lugar que sempre tivo que ocupar, o da defensa dos dereitos e da intelectualidade. Pero hoxe, tan só son unha socialista ferida, que non renega da súa ideoloxía, e que precisa pasar un tempo de duelo.