30 abril, 2009

Enterrar o galego

Jesús Vázquez, o novo conselleiro de Educación, ten nas súas mans a pataca quente que lle deixou Feijóo coa cuestión do bilingüismo no ensino e a derogación do decreto que aprobou o anterior executivo. Quixo Feijóo nestes días ventilar o tema rapidiño cunha circular que pretendía repoñer aos alumnos os seus dereitos civís, así, ao grande, e deuse conta a tempo de que un decreto non se ventila dun plumazo incitando á toda a comunidade educativa a insumisión. Para impartir ese bilingüismo do que fala Feijóo -e que comprende tan só él e os da plataforma Galicia Bilingüe- será necesario moito máis que un papeliño enviado por fax aos colexios e institutos. Existe un decreto, e mal que lle pese ao señor presidente, de momento, e ata que sexa derogado, é norma, e polo tanto debemos acollernos a él.
Recuou a tempo Feijóo con esto das circulares, pero o tema está sobre a mesa e son moitos os que manifestan a súa indignación. A modificación do decreto sobre o galego no ensino non pode levarse a cabo sin consenso, sin consultar a tódolos grupos implicados, centros educativos, asociacións de pais de alumnos, sindicatos...
Dende a nova Xunta a postura frente a este tema non deixa de ser hipócrita, xa que por un lado falan de enterrar o galego dixando a súa aprendizaxe nas mans dos pais dos alumnos que decidirán si desexan que os seus fillos se escolaricen en galego ou castelán, e por outra, din que a reforma farase dende a promoción máxima do idioma galego. ¿Cómo van promocionar o galego si o apartan dos plans educativos? ¿Dónde queda o bilingüismo si os pais dos nenos poden decidir xa dende que son pequenos que non estudien unha das dúas linguas? E non nos equivoquemos, o castelán non é unha lingua en perigo, ao igual que a imposición de impartir galego na metade das asignaturas non é antidemocrático. ¿ Cómo van decantarse os alumnos por estudiar as asignaturas nunha lingua que non coñecen ou non dominan? Esta é a realidade de hoxe en Galicia, o galego é unha lingua ferida que a penas se fala fóra do ámbito familiar, e que ainda menos se emprega na escrituta. Si os poderes públicos non a protexen e a impulsan mediante normas é unha lingua que acabará por desaparecer.
Dar liberdade para escoller escolarizarse en galego ou castelán é tanto como dicirlles aos nenos que non teñen que aprender galego si non queren. E dicirlles esto aos nenos e tanto como enterrar o galego.
Cando Galicia Bilingüe comezou a facer ruído lin un artigo de José María Carrascal no que dicía que o galego era unha lingua bonita que soaba ben e que á xente lle gusta falar nalgúns ámbitos. Dicir esto dunha lingua é o mesmo que considerala de segunda categoría. E eso mesmo é o que pensa o actual goberno da Xunta do galego, que é unha lingua bonita, pero que non debe falarse na sociedade, nin nas administracións, nin nas escolas, senón que debe quedar relegada, como sucedía antaño, ao agarimoso calor das lareiras.

29 abril, 2009

A piques de que remate abril o panorama non pode ser máis desolador : medio mundo tembla de medo ante a ameaza dunha pandemia, a xa famosa gripe porcina exténdese por tódolos continentes e a morte pulula detrás como unha amarga sombra.O sol non acaba de aparecer nesta primavera que se resiste máis da conta e os parados multiplicanse a un ritmo de vértigo. Vai comezar Maio, o mes por excelencia da felicidade e sin embargo a cousa non pinta nada ben. E no medio de tanta noticia desagradable leo no xornal algo alentador, que a crise dispara a venda de preservativos e obxectos eróticos, si, eso é, que o sexo se convirte nunha terapia contra a crise ao tempo que se convirte tamén na forma de ocio máis barata á que todos poden acceder con tan só un pouco de ganas e imaxinación.
***
Polo demais unha continúa vivindo tranquila e ata casi contenta neste discurrir de días grises que rezuman desgracias a borbotóns. Os medios de comunicación son casi un instrumento de tortura e non se divisa nin unha mínima esperanza ao lonxe, pero eu sigo casi contenta como si todas as plagas deste mundo non fosen conmigo. Vexo cada maña dende a miña mesa de traballo a mesma cristaleira azul, e detrás a mesma árbore que se mantén en pé con dificultade , á beira dunha sinal de dirección prohibida...E esa paisaxe estática da cidade que se divisa dende a fiestra conforma a miña estabilidade matutina. Logo está o ordenador, coa internet que abraia cos contidos infinitos, e as voces de amigos que chegan a través do mesenger, do correo electrónico , do teléfono...e o mundo queda suxeito por esas voces esta maña, cada maña...a pesar do que acontece fóra, igual que esa árbore flaca e esa sinal vermella e branca, que soportan con dignidade a choiva de abril, a choiva de tantos abriles ...

28 abril, 2009

Os coellos suicidas

Fantástico libro de humor no que a imaxinación xoga a favor do lector, que non le, fai moito máis, observa e disfruta, coa risa ao servizo dunha historia tan simple como fascinante. Cando tes un mal día, ou cando tes un bó día, non che pasará desapercibido. " El libro de los Conejitos Suicidas"Andy Riley

...para ver imaxes pincha aquí.

27 abril, 2009

M.

Hai encontros que non se equiparan a ningunha outra cousa, persoas que ao coñecelas te enchen de luz, e nese intre preciso do coñecemento séntese unha maxia especial. Tiven un destes encontros o venres , no Congreso extraordinario dos socialistas galegos. Da man dun dos meus mellores amigos chegou ata min unha muller excepcional coa que compartín non só unha noite de festa inesquecible senón unha sobremesa atípica ao mesmo tempo que fantástica.
Coñecín a M. o venres pola noite, e o sábado pola mañá ,cando me atopei con ela de novo nun plenario cheo de socialistas soupen que ía quedarse na miña vida para sempre. O feito de que ma presentara un dos meus mellores amigos era un bo comezo pero non garantía suficiente para construír unha amistade, pero sin embargo, o xeito no que se achegou a min ao día seguinte confirmou as miñas sospeitas dende o principio. Logo sentamos nun bar baleiro, e deixamos discurrir a tarde entre cervexas e conversa e risas, non matando o tempo, senón ganándolle a batalla ao mundo dun xeito espectacular. E ela dixo que era feliz, e supoño que non mentía porque eu tamén o era, e non facía falta moito máis.
Na rúa da Oliva despedímonos, cun abrazo longo e as verbas máis fermosas que xamais me dedicaron " fuiste lo mejor del congreso".
Sempre que acontece algo así, que fai que se me remova por dentro algo, recobro un pouco a confianza e síntome satisfeita. Foi unha longa fin de semana na que aconteceron demasiadas cousas, moita xente, moitos minutos cheos de política, e moito entrar e sair , subir e baixar, conversas nos pasillos, saúdos rápidos e bicos hipócritas e bicos sinceiros. E no medio de todo ese barullo do congreso, e da noite tamén longa que chegou detrás dun xeito natural, M. veu a mostrarme que en calquera lugar, incluso no lugar menos esperado ,podes atopar unha persoa que merece a pena, e que che devolve un pouco a esperanza no xénero humano.

21 abril, 2009

Dez eran dez...

Dez , foron dez efectivamente os conselleiros que configuran xunto con Alberto Núñez Feijoo o novo goberno da Xunta de Galicia. Un executivo sin cuotas no que as mulleres constitúen un 36 %. Un dato significativo que debemos ter en conta todos os galegos e galegas, xa que mal exemplo da este Goberno, obviando o problema que todavía existe na nosa sociedade en canto a igualdade efectiva entre homes o mulleres.
Pero o colorido da xornada puxérono os Citroen alineados ante a fachada de Raxoi, pretendendo ser símbolo dunha nova etapa que se presenta como de austeridade, pero que se converten en realidade en símbolo tan só da hipocresía dun goberno que sustitúe unha marca por outra, en lugar de consevar os coches que hai. Dí maginígicamente Lois Blanco no seu blog Cien días de Feijóo "Presumir de austeridad por el uso de una marca en vez de otra es de una simplicidad inquietante. Lo mejor que puede ir haciendo el nuevo Gobierno es agotar la vida útil de los coches heredados, Audis incluidos, pues lo contrario será despilfarrar para simular austeridad"
Chámame tamén poderosamente a atención a nova consellería que encabeza Agustín Hernández Fernández que fusiona as competencias de medio ambiente, política territorial e vivenda, cousas estas que en principio parece que casan mal ,que son de todo incompatibles e mesmo que se contrapoñen. Supoño que esto é un xeito simple de evitar os conflitos competenciais que poderían xurdir nestas áreas cun único puño executor.
Pouco máis da de si esta primeira posta en escea do novo goberno no que hai personaxes preocupantes non carentes de pasado , que sen dúbida iremos descubrindo pouco a pouco.
Pero hoxe a política queda relegada a un segundo plano no panorama meu particular deste martes 21 de abril. Síntome contenta e mesmo é unha felicidade tal que me gustaría compartila con calquera. Saiu débil un raio de sol, tomei o primeiro café da mañá cunha sentencia nos beizos un tanto frívola que logo confirmei buceando no google, e descubrín que o facebook é para idiotas que non teñen gran cousa que facer - eu incluída- e que ao mesmo tempo é preciso deixarse asomar ao escaparate para poñer os dentes longos aos que teñen un día peor ca o meu.

17 abril, 2009

Crónica dun amor anunciado


Chámase Chiny, é xornalista e divorciada. Esta é a que xusto o día da investidura de Feijoo como presidente da Xunta, aparece como a súa parella formal. Xa nola foron amosando na campaña de xeito discreto, sempre nun segundo plano, agardando o momento oportuno para dar o salto á opinión pública ao grande. Foi onte por fin, cun bico e cun abrazo. Pódese ler no Faro de Vigo " Al final, hubo beso. Se resistía , porque su pareja lo evitaba argumentando: "Me muero de verguenza". Pero el nuevo presidente tomó la iniciativa: " Chiny, no escapes". Y Feijoo, recién elegido, con la emoción contenida, besó a su pareja, la periodista Carmen Gámir."

Xa o xornal El Mundo, hábilmente construiu a historia dun amor que dura xa oito anos e que polo visto Alberto e Chiny levaban en segredo. O certo é que a escea romanticona que protagonizaron onte sucedeu antes do que esperabamos, quizais porque dende o PP galego desexen apurar todo o proceso familiar de Feijoo, vendo mal o feito de que un presidente esté solteiro, e ao mesmo tempo, para calar canto antes as voces dos que afirman que Alberto Núñez Feijoo é homosexual. Temos noiva, tímida, loira, xornalista...unha xoia para Galicia, que ata parece que colleu por sorpresa á nai de Feijóo , xa que lembremos que dixo "Alberto está casado con Galicia y Galicia , encima, no me puede dar nietos". Pois ben, poderá durmir tranquila de aquí en diante, dona Sira Feijóo, xa que o seu fillo deixará de ser o solteiro de ouro en breve, para protagonizar a que será sen dúbida a voda...¿do ano? O que xa non vexo tan claro é o tema dos netos, en parte porque Chiny xa non está para esas lides, aos seus 48 anos, según din os xornais. O bó de Carmen Gádir é que ben coa neta baixo do brazo para dona Sire, unha moza de 20 anos.

Cúmprese así a promesa nunca pronunciada de Feijoo, pero que todos tiñamos no subconsciente , a de que formaría en breve unha familia, ao chegar ao goberno. Este feito, que a algúns nos pode parecer hipócrita e oportunista, se o analizamos ben non deixa de ser un sinal inconfundible de modernidade dentro do PP: xa non é preciso , para ser un candidato de dereitas, estar casado. Feijoo presentouse como candidato as eleccións sendo solteirón, e nin súa nai desmentiu o dato. Eso si, para gobernar.... ahí xa son palabras maiores. Para iso fai falta ter esposa que o acompañe aos actos oficiais, ainda que xa superaron o tema do divorcio e dos fillos doutra relación. Para que logo digan que os do PP non van cos tempos.

16 abril, 2009

A felicidade dos cronopios

Este cronopio bota de menos a felicidade. Pero non unha felicidade calquera, a felicidade entendida comúnmente como un todo que se sinte de xeito abtracto e que se define con dificultade. Falo da felicidade concreta, esa que é sinónimo de nostalxia na pel, cando as esquinas dos días rutinarios acechan detrás de cada posta de sol. A felicidade concreta das pasadas vacacións, demasiado lonxe da vida como para sentirse responsable , ainda que só fose uns segundos.

E por botar de menos, boto de menos ata os sons que percibía cada día á beira do mar, e os cheiros que me chegaban de madrugada, cando a miña mirada se prendía daquela brisa fresca, da música que soaba naquela terraza, dun perfume, dun soriso de ferro e dunha conversa tan intensa como inseperada…Este cronopio tivo o tempo nas mans, como si se tratase dun deus que fai e desfai ao seu antoxo. A felicidade era aquelo, un caos permanente nas horas inquietas, no medio dun mundo tan alleo como apetecible, sin esperanza algunha, nin pretensión distinta máis que a pura e simple tranquilidade do tempo cheo de voces amigas, de risas, de un deixarse arrastar constante cara calquera experiencia posible.

Este cronopio tivo o tempo nas mans…


“A la salida de Luna Park un cronopio advierte que su reloj atrasa, que su reloj atrasa, que su reloj.
Tristeza del cronopio frente a una multitud de famas
(que remonta corrientes a las once y veinte y él, objeto verde y húmedo, marcha a las once y cuarto.
Meditación del cronopio: << Es tarde, pero menos tarde
(para mi que para los famas,
para los famas es cinco minutos más tarde,
llegarán a sus casas más tarde,
se acostarán más tarde.
Yo tengo un reloj con menos vida, con menos casa y menos acostarme,
yo soy un cronopio desdichado y húmedo>>
Mientras toma café en el Richmon de Florida, moja el cronopio una tostada con sus lágrimas naturales.”


_ ¿Qué hora es? –pregunté media adormilada todavía.
_ La una- contestó el cronopio.
_ ¿Hora española u hora portuguesa?- pregunté nuevamente.
_ Portuguesa. Atrasé este reloj de mi padre una hora antes de venir- contestó el cronopio.
_ ¡Qué tarde es¡ atrásalo otra hora, que así no nos viene bien.

El cronopio atrasó el reloj una hora.

_ ¿Qué hora es? –pregunté al cronopio que se encontraba tumbado a mi lado.
_ Las doce- contestó el cronopio.
_ ¿Hora española o portuguesa?
_ En todo caso, faltan un par de horas para la hora de comer- contestó el cronopio, al tiempo que me besaba con la dulzura con la que sólo besan los cronopios.

13 abril, 2009




"Y sueñan toda la noche que en la ciudad hay grandes fiestas y que ellos están invitados. Al otro día se levantan contentísimos, y así es como viajan los cronopios" Julio Cortázar. Historias de cronopios y de famas




08 abril, 2009

Teatro e realidade

"Dicen que Stella Adler, profesora de teatro en los años cuarenta, propuso a sus alumnos que se comportaran como gallinas amenazadas por una bomba. Todos sus pupilos se entregaron a un delirio de aleteos y cacareos en el que casi podían intuirse el vuelo de las plumas y los golpes de los picos. Todos excepto un tipo con pinta vagabundo que permaneció en cuclillas en un rincón. Era Marlon Brando. Y se limitaba a hacer lo que cualquier gallina que afrontara una situación de emergencia nuclear. Poner un huevo. De alguna manera, en aquella esquina comenzó a germinar el mito de Brando. Mucho antes de ser el duque en sus dominios de Capote fue el rebelde de la contención de Stella Adler. Apreciar lo gris, lo cotidiano, y exprimir sus matices. Ahí reside el gran y último desafío para un actor"(... continúa )
Dos meus coqueteos co mundo do teatro, a nivel aficionado, eso sí, tiven a ocasión de experimentar en pel propia o que manifesta maxistralmente Mariluz Ferreiro neste artigo que vos convido a ler ata o final. Supoño que a nivel teatro aficionado o que abunda é sobre todo o exceso, a sobreactuación , na que se perde a esencia última do sentimento que se quere mostrar. A risa é excesiva e tamén o drama se perde en extravagancias innecesarias. Non somos actores, ou polo menos non somos (eu non o fun nunca) profesionais. Apreciar o gris, o cotiá e exprimir os seus matices...Estou en todo de acordo con isto, porque o difícil é captar a realidade tal e como a percibe unha persoa normal en calquera punto do planeta, dun xeito sinxelo e sin estridencias. Os meus inicios no teatro tiveron moito de caricatura, non sei si da personaxe que pretendía representar ou caricatura de min mesma, pero non era real. O reto supoño que consiste niso, en ser alguén de carne e oso sobre o escenario.
Pero non só acontece nos teatros, digo o de excederse na interpretación dunha personaxe. Tamén acontece na vida real, e ahí si que é máis preocupante e ao mesmo tempo , máis interesante. ¿Quen non coñece persoas que nalgúns momentos da súa vida, nalgúns ámbitos concretos, ou en determinadas situacións, se interpretan a sí mesmos, como si o feito de ser eles mesmos se lles quedase curto, e quixesen ir máis alá, e ser -ou parecer- máis listos, máis extrovertidos, máis simpáticos, máis faladores, máis vanidosos , máis intrepidos... do que realmente son? Caricaturizarse a un mesmo tamén é sinxelo, sobre todo no mundo no que vivimos, rodeados de marketing por tódalas esquinas, metidos de cheo nunha sociedade de consumo que nos indica os únicos patróns válidos a seguir: que nos di como vestir , qué móbil usar, que comida comer, que música escoitar, e mesmo que amigos ter. "Caer en los extremos, en la ficción y en la vida real, a veces solo requiere un inocente o culpable dejarse llevar". Porque realmente iso é o que nos sucede cada día, que nos deixamos arrastrar polos ambientes nos que desenrolamos os roles que en cada momento nos toca asumir e deixamos de ser nós mesmos para convertirnos no que se espera de nós. No traballo esperan que sexa agradable , áxil, experta, segura, e agudizo esas cualidades casi de xeito natural. No bar esperan de min que sexa extrovertida, simpática, graciosa, elocuente...E así, o fácil é caer no extremo, no exceso, en facer un papelón fiel ao que os demais esperan de nos, antes de caer no dificil de ser tan só o que somos.

07 abril, 2009

Saturday night











As vacacións están a piques de comezar, e eu teño todavía a flor de pel as sensacións do sábado pola noite, como si se tratase da pegada da felicidade. Os amigos é o que teñen, que te enchen de ledicia, que che dan sorisas a cambio de sorisas e que cando comparten contigo o seu tempo fan que te sintas a persoa máis importante do mundo. Eles danche o valor que tes neste mundo, e fan que a túa presencia na terra esté xustificada.
A amistade, ese tesouro. Beben contigo, rin contigo, discuten contigo, cotillean contigo, veranean contigo, viaxan contigo, durmen contigo, perden o tempo contigo, falan contigo...O demais é irrelevante. O demais non existe. Ou sería indiferente que non existise.

06 abril, 2009

Encantados de conocerse

A foto da semana, o encontro máis esperado de Zp, de todo significativo, e que pon fin a anos de ruptura de España con EEUU, con tono de cordialidade e mesmo de amistade. Que dure¡¡¡

03 abril, 2009

Cambian las ciudades,
se construyen carreteras,
puentes, edificios,
y sobre el parque aquel
donde jugábamos de niños
hay ahora
unos grandes almacenes.
Todo se va transformando
a nuestro alrededor
Cómo no iba a
sucedernos también a nosotros...
Lo único intacto es
esto que siento

cuando me miras.
Lo demás,
lo fué barriendo la lluvia,
primavera tras primavera.
Quizás ya sea tarde
para reconstruír sobre cenizas
algo que nunca existió,
y es mejor dejarse arrastrar
por el devenir de las cosas
intrascendentes:
una puesta de sol,
un contrato de trabajo,
el silbido del tren
acercándose a la estación...
Cambian las ciudades...
Cómo no iba a
sucedernos también a nosotros...

Obama en Londres


Sucedeu onte. O cume do G-20 celebrouse e rematou exitosamente, ou polo menos esa é a impresión que esta mañá me transmitiron os medios de comunicación. Encendín a radio e púxenme optimista. Obama resultou ser o líder que agardábamos, lembrando os erros da gran depresión e escoitando sin impoñer ( non se sabe moi ben si porque non está en condicións a economía estadounidense de impoñer nada, ou pola contra estamos ante a nova postura de EEUU ante o mundo) e todos gañaron.

Onte eu non sabía de que parte estaba, si do lado dos países que conforman o G-20 ou do lado dos manifestantes antisestema, e hoxe, non puiden evitar sentir unha pequena emoción cando escoitei que Zapatero saiu reforzado trala reunión de Londres. O seu logro: ser intermediario perfecto e conseguir unha desaparición dos paraísos fiscais a medio plazo.

Ao final , todos contentos, quizais máis pola necesidade de acadar felicidade que polos resultados reais obtidos. A economía é como o amor, un estado de ánimo, e onte todos os países desexaban alcanzar un estado de comunión perfecta, de unión insondable que nos fixera máis felices a todos. "¿Quéresme ou só cres que me queres? "-preguntou o amante á súa amada. E ela contestou, "¿e acaso non é o mesmo?". Todos precisamos esperanza, luz nesta crise global que non da tregua, e estamos dispostos a agarrarnos ao que sexa con tal de recuperar un pouco da felicidade perdida.

Quizais mostra diso sexa imaxe dos xornalistas rodeando a Obama para fotografiarse con el, olvidandose do motivo polo que estaban alí, e na procura tan só dunha foto coa esperanza negra do século XXI para o seu album familiar.

Obama tivo o seu baño de multitudes e foi aplaudido e bitoreado polo xornalistas ao pechar coa súa intervención. Mandatarios de todo o mundo buscaron tamén o momento da ansiada foto para a portada dos xornais dos seus respectivos países. Nisto triunfou Berlusconi que logrou a foto de " somos coleguillas". Non sabemos si EEUU vai liderar a saída da crise, pero dende logo Obama consagrouse como o lider que nós queriamos ter. O tempo dirá si a mesma multitude que aplaudiu a Obama lle pedirá ademais de predicar que tamén de peixes.

02 abril, 2009

Debería falarche da actualidade, do que está a suceder hoxe no mundo, do morto de onte en Londres ,cando protestaba en contra do sistema, por exemplo. Ou da miña postura ante o cume do G-20, ou de tantas e tantas cousas que hoxe me manteñen inquieta e expectante. Pero o certo é que non falo diso porque no fondo dubido. Non sei de que lado estou: milito nun partido político, comparto a súa ideoloxía e teño tamén as miñas ideas propias, e non sei si debo posicionarme dentro do City ou fóra, atrincherada á beira da miña tenda de campaña. ¿Estou dentro ou fóra do sistema? Esa é hoxe a miña principal dúbida, que me corroe, que non me deixa durmir, nin pensar neses ollos preciosos que ti tes. Non sei si estou do lado de Sarkozy , ou pola contra me posiciono con Obama, ou quero mediar no conflicto da man de Zapatero, ou me colgo unha mochila ás costas e unha pancarta ben grande que poña "todos á merda".Dubido, dubido, dubido...Quizais terei, meu querido , que agardar aos resultados para posicionarme definitivamente. Unha vez alguén me deu un consello, "si non sabes por qué camiño coller, séntate á beira da encrucillada, e espera". Eso fago, meu amor, dubido e espero.
Un artigo interesante e divertido sobre esa idade maldita a que seguramente chegarei/chegaremos...(espero)

http://www.elpais.com/articulo/portada/bache/elpepusoceps/20090208elpepspor_3/Tes

01 abril, 2009

1 de Abril

Hoxe, día 1 de abril do 2009 , arrancou o nova lexislatura cun novo escenario político, cunha Mesa composta por catro homes e unha muller,sin respetar polo tanto a paridade que se contempla na lei de igualdade. Temos formalmente constituído o Parlamento, e tan só queda a investidura de Feijoo como novo presidente de Galicia.
Cando o día 1 de marzo, se soupo definitivamente o resultado electoral, supuxen que hoxe sería un día triste para min, pero o tempo da unha perspectiva distinta das cousas, e hoxe non é un día triste, tan só é un día máis.
Comezou abril, con cumbre do G-20 como nova relevante na actualidade internacional, pero nunha ollada rápida polos xornais , eu quédome con dúas noticias que me impactaron por motivos ben distintos. A primeira, a de unha muller que arrincou a lingua da súa parella mentres o bicaba, e logo a escupiu ao chan, e a segunda a da Mis Universo que califica a súa visita a Guantanamo de marabillosa. Así é o mundo no que vivimos, polo que o feito de que hoxe xuren o seu cargo 75 parlamentarios en Galicia deixa de ser un acontecemento trascendental. Sí o é o feito de que García Marquez anuncie que non vai a publicar máis libros, ainda que todavía lle quedan dous sin publicar que xa ten escritos. Que conste que esto non me apena demasiado. Un home que escribiu unha grandísima novela como é "Cien Años de Soledad" quizais non debería volver a escribir nunca máis, xa que despois desa obra, nada , absolutamente nada, conseguirá superar a maestría , imaxinación e talento que derrochou na que para min é a gran novela da literatura hispana.
O dito, 1 de abril, e casi todo transcurre con normalidade. E entón, ¿para qué escribo? ah, si, porque non tiña nada mellor que facer.