25 agosto, 2009

Tengo tristeza en todas las cosas que ocupan mi casa. Tengo tristeza dentro y tristeza fuera. Tengo tristeza dentro y tristeza en cada cerveza que me tomo. La memoria está empapada de lluvia, lluvia sucia dentro de mis ojos. Pensé que marcaba el ritmo de mis pasos, que tenía el control, que nada iba a moverse nunca de su sitio. Y ahora el suelo se tambalea bajo mis pies, esta vez se que no hay remedio.
Tristeza que es solo eso, nada más. Con toda la pureza con la que puede sentirse , profunda y gris. Eterna.
***
Si he de ser sincera con vosotros os diré simplemente, para que entendais lo que me pasa, que amo mucho a alguien que he perdido. Es una nostalgia grande. No imagino hoy nada peor, y sin embargo sé que existen cosas peores. Perder lo que amas me parece hoy como perder la vida. Pero se que no estoy muerta todavía porque sufro muchísimo.

24 agosto, 2009

Zombies

Estou cansada da miña tristura, que é tanto coma dicir que estou cansada de min mesma. Supoño que algo ten que ver esta cor gris que cubre a cidade , que a tiñe dun xeito hostil de sobriedade e hastío. Hoxe o luns é máis luns ca outras veces, e parece que só se nos anuncia algo peor. Tivemos fin de semana, sol, mesmo auga de mar na que mergullar as nosas bágoas ( gústame chorar no mar porque é o único lugar onde as miñas bágoas parecen pequenas) e logo todo rematou neste luns sin fin no que nada sucede, nin dentro nin fóra dos meus ollos. Calma, silencio, choiva miúda...da que doe máis porque non consegue disipar a nostalxia.
Teño frío e fame e dor e ansiedade e medo e pena e rabia e incoherencia e derrota. E sin embargo, todo segue igual, cada un vai co seu saco ás costas de tristezas varias, cada un coas súas culpas, cada un cos seus erros e as súas insatisfaccións. Como zombies que buscan outro mundo, outra vida, outra luz...Todos perdidos, todos iguais, crendo que somos diferentes.

21 agosto, 2009

Marabilloso artigo, marabilloso Bolt.

19 agosto, 2009

Non creo nas fadas, ese puta mentira, como todo o demais. A vida é un tiovivo do que non sairás indemne. Estou triste, máis é unha tristeza distinta, que afoga, que te deixa vivir casi de prestado unhas horas máis. Alprazolán, esa podería ser a solución doce, unha morte en vida sin éxtasis, sin demasiadas pretensións. Deixarse caer no fondo da desgracia, e deixarse arroupar por esa desolación espesa que o cubre todo. Rendirse, en definitiva.
A vida é o tempo que corre e nos consume. Nos consume na súa miseria, e non hai saída posible. Escapar correndo sin mirar atrás, quizais sexa unha forma de esconderse. Ser un Peter Pam que procura que os seus soños non se esnaquicen ao asinar unha hipoteca . Pero ás veces hai que pararse, e decicir, nese puto cruce de camiños, mirar atras e saber o que perdimos, e escoller...

17 agosto, 2009

Sin él

Supoño que hoxe non quero poñerme romántica. Non teño o corpo para excesos de sentimentalismo, resaca, xa se sabe. Tiven o mundo enteiro nas mans, a felicidade dos amigos e do tempo que se esfuma entre os dedos de pura ledicia, e logo, caes de golpe na rutina dun luns calquera no calendario.Unha semana de verán ás costas, unha semana de vida. Fixen o que puiden para esquecerme del, dos seus ollos azuis , da súa pel que ule a Allure, da súa boca -a súa boca, nunca máis a súa boca- da firmeza das súas palabras, do seu sorriso no medio do silencio...Fixen o que puiden ,e sobrevivín outra fin de semana sin a súa voz -nin siquiera- ao outro lado do telefóno; ningunha mensaxe no móbil, ningún email. E ainda así atopei nos segundos unha dozura extraña, sin él.

13 agosto, 2009

50 Anos depois


Hai momentos nos que o mundo se para e só sintes a emoción dese instante, que se che clava na pel, na alma, para encherte de enerxía. Fun a ver a un paiaso sobre o escenario cantando cancións dunha época que me resulta lonxana, e xa na primeira canción dinme conta de que de rir nada. Aquelo ía de emocións , desas que che percorren o corpo , que te marcan para sempre.

Raphael cantou cunha voz que non é deste mundo, e interpretou cada letra con vocación actoral, enchendo o escenario coa súa presencia. Si me din que me tremería o corpo todo ao escoitar letras como "Siempre estás diciendo que te vas" , "Para volver a volver" ou " Que sabe nadie" non o creería, e sin embargo, alí estaba eu, coas bágoas asomando sin pudor e unha felicidade inmensa instalada nas entrañas.

Non só fun feliz, non só sentín que na vida existen momentos marabillosos que merecen a pena, si non que vin como se activaban en min resortes que cría estaban xa mortos. A felicidade tiña un nome , unha voz, un andar e unha ollada inesquecibles. Era Raphael, tan xoven e tan vello, vestido de negro, emocionado e entregado, coa garganta aberta e o corazón volcado no escenario. Raphael recordando, Raphael sentindo, vivindo, transmitindo,...cantando.E a noite cobrou unha dimensión nova, algo que lembrar para sempre...,algo do que botar man cando todo vaia mal, algo para contar.

E nada serve, nada chega a tocarche a fibra sensible si non pos en cada xesto un pouco de ti mesmo. Porque no fondo un vese reflexado en cada verba, en cada nota. E alí estaba él, máis que amigo, compartindo a música e o amor, o pasado e o futuro. Ese instante eterno. Compartindo a miña felicidade.

12 agosto, 2009

Al final las cosas no resultaron como creíamos, no eran lo que nos contaron. Uno se entera tarde de cómo va esto de la vida, con sus derrotas, sus éxitos, sus desilusiones, sus sueños de verano...Uno se entera tarde de que vivir, morir es lo único que va a suceder, el tiempo que dure es lo de menos. Cuentan los segundos que se beben enteros, sin que existan lágrimas ni vacío. Un día te levantas al lado de la misma persona con la que llevas compartiendo los últimos diez años, su cuerpo es tan conocido como tus cicatrices, y sin embargo, a tu lado en el colchón, no es más que un bulto, una masa de carne fofa que te aburre , que te da pereza mirar, que no te inspira ni pasión ni ternura. Compartes tu día con esa persona, casi parece dulce el discurrir del tiempo, haces la comida, planeas las vacaciones, haces la lista de la compra, le dejas un recado colgado en un post it en la nevera...Poco más. Y miras a tu alrededor y todos están en la misma encrucijada, en el mismo error, en el mismo punto muerto: lo que nos contaron.
Pero tu cuerpo aún está vivo, aún sientes el impulso de lanzarte a vivir de otra manera, a sentir una boca fresca que te devuelva la esperanza, unos ojos que te hablen en medio de la niebla...Invertimos en tedio y pagamos cara la hipoteca de una familia de catálogo, todos iguales. Y si lo conseguimos somos infelices y nos volvemos inseguros, amargados, asociables.
Soltero a los treinta no debería ser una maldición ni un rasgo de caracter conflictivo o con rarezas. Quizás sólo demuestra que sabe uno lo que quiere, lo que espera de los demás, lo que espera del amor y de los veranos. Hay tantas falsas verdades que acabamos por confundirnos , por creer que este no es nuestro tiempo, nuestro lugar, que no encajamos...Y no nos damos cuenta de que todo el mundo siente lo mismo.

11 agosto, 2009

Festas da Peregrina. Hoxe sería un martes calquera ,dun mes de agosto calquera, si non fose porque teño a sensación de que por fin, na metade de agosto, comezou o verán. Viñeron as Pergrinas con sol , calor, e na miña oficina reina a incertidume. Novo xefe, novas espectativas. A resaca prolóngase máis alá dos sentidos, nun martes de agosto, hai tranquilidade na mesa de traballo, na rúa non se move nada. A xente durme mecída polo alcol da noite de onte, e eu síntome algo máis enérxica. O desamor doe menos, a vida pasa máis docemente. E verán, por fin, o ansiado verán. Coas súas noites na praza da verdura á sombra dunha caña, á beira duns ollos que te escoitan...O futuro é unha promesa incerta, e os soños de verán teñen un sabor distinto...Todo está suspendido no aire, todo é posible.

08 agosto, 2009

San Lorenzo 2009

Ao mal tempo, non queda outra que poñerlle boa cara. As festas na miña aldea son coma un remanso de paz, como unha parada no camiño, onde un pode esquecerse de todo, mesmo dos problemas. Máis dificil é esquecer os amores - peor ainda o desamor- pero polo menos é máis sinxelo intentalo. A aldea ten algo de purificación, sánate por dentro e reconciliate coa vida. Sempre hai vellos amigos que te invitan a unha copa durante a verbena, que che lembran que para eles si eres marabillosa, e nese escenario tan coñecido como extraño ao mesmo tempo, atopas unha felicidade como feita á medida, sencilla e plácida.

Son da terra de onde nacín, e cando volto sei que as miñas raíces pesan moito máis do que imaxino. Na aldea son eu , por riba de calquera pretensión estúpida dunha sociedade que se equivoca constantemente. Son a filla pequena do Fortunato, a neta da Leonisa, que vive en Pontevedra. E deseguida todo cobra sentido , todo é fácil e especial. E eu penso que a vida debería de ser sempre así de sencilla, así de real.



Vértigo

Teño a tristeza toda do mundo entre os dedos, densa e amarga. E moito dicir, verdade, a tristeza toda do mundo...e sin embargo penso que non cabe máis desolación nunhas pupilas nin máis dor concentrada nun corpo. Son unha boneca rota, outra vez, e non teño excusa. A culpa non xoga un papel demasiado importante, tan só importa este sentimento de frio na alma, de soedade de repente , insoportable, de vértigo. A nostalxia é unha ameaza noxenta que me atormenta, teño medo, medo de non poder soportar o paso dos días mirando atrás cada segundo, lembrando...sempre de aquí en diante lembrando...A tristeza toda do mundo...o tempo suspendido neste intre no que escribo, as bágoas esperando o seu turno. Non quero pensar, non quero morrer de novo por un desamor de contrabando, non quero sentir lástima de min. E sin embargo, doulle voltas e voltas e tan só me queda a amargura dun segundo que se fai infinito, que non cesa, que non me deixa ver a felicidade.

07 agosto, 2009

Conspiración

Un parente meu sufriu durante anos unha paranoia recurrente, cría que había contra él unha cosnpiración na que estaban involucrados policías, xuíces, políticos e mesmo familiares e amigos. Non se fiaba de ninguén, e en máis dunha ocasión dáballe unha volta completa á casa na procura de micrófonos e grabadoras ocultas. Algunha vez incluso chegou a desmontar un televisor porque dicía que colocaran cables extraños dentro. Ningunha organización se mantiña á marxe da súa existencia, era perseguido por ETA, polo Opus, polo Kukus clan...
Nestes días, ao escoitar as declaracións da número dous do PP non podo deixar de lembrar ao meu parente, cando se atopaba nos momentos máis graves da súa enfermidade mental. A teoría da conspiración -tan recurrente no PP- comeza a parecer xa ciencia ficción, e mesmo faría gracia se non fose porque está en xogo todo o sistema democrático. Acusacións tan graves como as que fixo Dolores De Cospedal non deberían verterse tan á lixeira, e menos sin probas contundentes. Esta muller representa a un partido político que foi o máis votado nas últimas eleccións, representa a voz de miles de españois, e non pode facer acusacións tan graves contra o Estado de dereito, e contra as institucións sin procurar ao mesmo tempo a defensa e a restauración da legalidade vulnerada.
Non é unha novidade que o PP cree cortinas de fume para eludir certos temas da opinión pública que lles resultan molestos. Hai demasiada merda dentro das filas do PP e non lles convén ocupar portadas nos xornais nin os minutos de máis audiencia nas emisoras de radio. Xa nos teñen acostumbrados a esas lanzas envenenadas que se lanzan ao aire ,e que acaban por atacar directamente á democracia. Pero máis grave ainda que as últimas declaracións -as das escoitas telefónicas- foron as declaracións referentes a que De la Vega utiliza ao Fiscal Xeral do Estado para perseguir ao PP e non para perseguir a ETA. Dicir esto é atentar directamente contra o goberno de xeito noxento e sin escrúpulos, pero tamén é ferir a sensibilidade de xeito gratuito de moitas víctimas da violencia de ETA, algunhas delas recentes.
Na miña modesta opinión, De Cospedal debería retractarse das súas acusacións, ou ben concretalas e esixir as responsabilidades legais pertinentes. De non ser así, está poñendo en perigo de maneira inxusta a democracia e as institucións, e debería , cando menos, deixar a vida política. Como cidadá, como número dous do partido maioritario da oposición, como avogada do Estado que é, a súa obriga e a súa responsabilidade é denunciar ,polos medios que proceden en dereito, calquera vulneración da legalidade e calquera actuación que poña en risco o funcionamento normal do sistema democrático.

05 agosto, 2009

LAS DECISIONES JUDICIALES HAY QUE RESPETARLAS SÓLO SI SON RESPETABLES...

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/08/05/0003_7889266.htm

Indiferencia

O home ao que amo díxome , despois de meses mostrando certa indiferencia, que estaba queimado por temas de mulleres. Quedouse tan pancho. Eu non teño palabras para combatir tal falta de tacto, de sensibilidade...Tan só lle dixen, "antes de ser unha máis, prefiro ser unha menos". Desde entón non deixa de chamarme a todas horas.

04 agosto, 2009

O auto da vergonza

O TSJV decidiu por dous votos contra un, arquivar a causa aberta contra Camps por considerar que non cometeu delito de suborno. Nunha interpretación restrictiva do artigo 426 o TSJV ventila un asunto que ainda que tan só sexa dende un punto de vista ético é de todo lamentable e vergonzoso. Xa dixo Camps nun acto público que Juan Luis de La Rúa -presidente do TSJV- era máis que un amigo, e aquí é onde comeza a peligrar a independencia do Poder Xudicial. ¿O auto trátase dunha decisión xurídica ou dunha decisión política?
En todo caso, ainda aceptando escrupulosamente a falta de responsabilidade penal que reza o auto, hai algo que queda claro: Camps mentiu no Parlamento, sin ningún tipo de respeto nin ás institucións nin aos cidadás. E nesa falta total de ética e de respeto parece que se mantén tamén Rajoy, que na súa última intervención , e tras conocer o sobreseemento da causa contra Camps, bromeu dicindo que gañaba a xustiza , o sentido común e os vendedores de tila. Non comento esta intervención, porque creo que xa está de máis. Faltan á verdade, rinse abertamente do pobo, e por riba continúan alardeando da súa falta de ética ,ao tempo que se dan palmadas nas costas por conseguir unha vez máis esquivar o peso da xustiza. Unha vergonza.

03 agosto, 2009

Praza de touros, zona vip: Eles teñen poder



A fin de semana deixounos momentos inesquecibles, algún dos cales plasmou con exquisito talento un fotógrafo do Faro de Vigo. Pois si, estiveron en Pontevedra , nas touradas, lucindo palmito na zona vip da plaza de touros estes tres pés para un banco. Rajoy coa mirada posta no infinito ou máis alá, os ollos coma platos, inmobiles, fixos nun punto. A súa beira, no centro do palco, o Presidente dos galegos e das galegas, o rei da austeridade, distraído en profundos pensamentos, algo aburrido, estando porque hai que estar. E ao seu lado, Louzán, con pose de sexsymbol, ollada seductora directamente á camara (detrás do obxectivo sempre se atopa o pobo) e man no peto, con xesto despreocupado; entre chulesco e burlón, ao xeito "porque yo lo valgo". O que menos lles importa a estes tres homes é o que está a suceder na area, os touros desangrados , morrendo. Eles están ao seu, a ser vistos, a pasar o rato. Son o poder e sábeno. Xogan na casa e deixanse querer.

Pero a foto recolle outro prodixio, a Chiny , a futura primeira dama de Galicia , con coroa e todo. Pois caeulle casi como por arte de maxia , sobre a cabeza a coroa da bandeira de Galicia. ¿Casualidade ou premonición?

Ay, qué bonito e ir aos touros en Pontevedra para ver tanto político morto de aburrimento.