27 febrero, 2011

Escribín tantas veces a miña decepción sobre el, que unha vez máis non debería supoñerme unha ferida de tales dimensións. O único que realmente me amola é que son consciente de que a primeira vez que quedei soa, co sabor da súa boca na miña e a decepción toda do mundo nas entrañas, despois de que me dixese que non quería nada conmigo máis alá da amistade, a culpa da miña desolación era só súa,pero as sete ou oito veces seguintes repartidas ao londo de catro anos, coa tristura que me deixaron ,non foron senón responsabilidade únicamente miña.
*
E agora toca recolocar as cousas, poñer todo no seu sitio para continuar respirando como si nada. ¿Dónde poño o seu nome entre as miñas inquedanzas e paixóns? Pensei en tiralo directamente ao lixo, e mesmo sopesei seriamente a posibilidade de mudar a enerxía -a enerxía non se crea nin se destrúe , só se transforma- positiva do amor que sinto por él, en profundo odio, ata que non quedase nin rastro de aquel sentimento inicial que me enchía de ternura. Sin embargo, logo de darlle voltas dinme conta de que non paga a pena loitar contra o inevitable. Vou coller o seu nome e o recordo das caricias e poñelos a bo recaudo nun lugar soleado do meu universo. Polo menos outros catro anos.
*
O amor gústame nas películas, gústame na literatura...Na vida real o amor só nos quita enerxía moi necesaria para vivir; o amor en sí é un desperdicio.

25 febrero, 2011

Por email: "Aprovecho cinco minutos sin niños para saludarte (...) Los magnolios me gustan porque son una planta muy muy antigua, y crecí entre magnolios con grandes flores..."
*
No medio deste anticipo primaveral o meu corpo anda revolto, granulouse como si tivese unha enfermidade contaxiosa, e parece que non vou sair máis nunca deste estado de puntos vermellos que me afean considerablemente. Polo demais, tamén anda revolto o corazón e a cabeza, nunha loita polo liderazgo que se me fai angosta e costa arriba. O corazón reclama a miña atención como querendo dicirme que na primavera tocan ao lonxe as campás anunciando amores novos, e que en cada bico que dé debo poñer unha esperanza; a cabeza dubida entre a inquedanza polo retorno a unha realidade nada apetecible e polo rexeitamento consciente de calquera posibilidade de entrega a alguén que non sexa eu mesma. E así, completamente atolondrada, sin saber cara onde tirar e a quen dar prioridade nesta máquina que é o meu organismo todo -corpo e alma, que dirían os filósofos da antigüedade- trancorren os días baixo un sol que me está queimando os pulmós como cando era unha nena.
*
Por unha vez vou ser valente e arriscar: prevalecerá o corazón, porque intuitivamente teño a certeza de que si esta vez me deixo levar polos sentidos, vou ser moito máis feliz.
*
Dúas chamadas perdidas non significan nada si non se concretan nunha cita coherente expresada a través de verbas amables e cariñosas. Dúas chamadas perdidas non significan nada si non se repiten dun xeito contundente, ata casi chegar á paranoia...mostrándoche dese xeito que o desexo vence a calquera outra consideración.

24 febrero, 2011

Cando vexo como se suicidan as cinco irmáns Lisbon sempre penso o fácil que é conducir a un adolescente cara o abismo, e sempre lembro a mesma historia que unha e outra vez me contou meu pai sobre unha veciña , a súa particular nena Lisbon á que non puido esquecer a pesar de contar xa con 75 anos. Meu pai era un adolescente, da idade da rapaza, algo máis novo quizais. Ela era filla única e vivía cos seus pais nunha casa moi preto da do meu pai. Os seus pais eran analfabetos e brutos, e puxéronse como obxectivo na educación da súa filla protexer a súa honra ata o infinito, custase o que lles custase. Eran outros tempos, non necesariamente se ía á escola, e a vida da rapaza trancorría entre as catro paredes da súa destartalada casa chea de miseria e as leiras ás que ía traballar de cando en vez acompañada dos seus pais.
Como na película, a rapaza da historia real que me conta meu pai, era fermosa e tiña sonos que ían máis alá da aldea e da opresión e brutalidade do seu pai, quería vivir, e mesmo namorarse. As veces, meu pai pensa que se conformaría con ir tan só a algunha das festas da aldea cun vestido novo, como facían tódalas rapazas. Era outro tempo , sí, pero os corazóns dos adolescentes deben latexar do mesmo xeito en cada tempo e en tódolos lugares do mundo, e a nena fermosa que meu pai amaba en segredo non se debía de distanciar moito de Lux.
Meu pai -igual que os nenos que narran a historia na película- atopou o cadáver e quedouse con esa imaxe na retina para sempre. Ao lado da corte dos cabalos había un portalón que daba a un cobertizo onde garndaban aparellos e comida para o gando, tamén durmía o can. Alí, naquel portalón , atopou meu pai, en pleno día , o corpo pendurado da rapaza pola gorxa, coa roupa máis nova que tiña. Non deixou ningunha nota, nin se despediu de ninguén, tan só prolongou a súa xuventude para sempre e deixou unha nai enferma dos nervios ata a morte.
O portalón segue igual despois de tantos anos, a corte dos cabalos, a casa de pedra...E meu pai segue vendo o corpo da adolescente pendurado ,xa frío , cos ollos abertos.
O pai da nena era moi bruto -segue sendo, porque ainda vive- e despois do suceso tivo a ben moitas veces desfacerse de cans da caza por capricho ou por maldade, que ben sendo o mesmo, e non topou mellor maneira que tomar da súa filla a idea. Colgou no mesmo portalón varios cans sin estremecerse. Meu pai atopou unha vez alí colgado un can mouro que levaba pouco tempo na casa do veciño. Púxose tolo, como si algún ser demoníaco se apoderase del e despois de descolgar o can do portalón, correu na procura do veciño e ensañouse con el que ata tiveron que quitarllo ou desfacíao.
Meu pai non é un home violento, máis ben todo o contrario, é un home pequeno e afable que gosta da tranquilidade. Agora, cada vez que conta a historia da rapaza fermosa que se colgou na aldea porque o seu pai non lle deixaba saír, engade que el viu no can a imaxe mesma da rapaza, e sentiu que era o pai quen a colgara, quen acabara indirectamente coa súa beleza e a súa xuventude, coa súa vida ao fin.

21 febrero, 2011

Un día despertas e sintes que non eres a mesma; presintes que un sorriso difuminou a tristuza doutra época, simplemente. E desexas lanzarte ao romanticismo, coma quen se lanza a un abismo infinito, sin pensalo demasiado.
Creo que agora é isto o que me faría máis feliz. Estou preparada para que me volvan a partir o corazón.
*
A risa é o antídoto perfecto contra as alertas vermellas climatolóxicas. Tamén os bicos e a paixón. A humildade e a ternura son o caldo de cultivo ideal para que aflore certo sentimentalismo. A choiva pode ser a banda sonora perfecta para acompañar unha tarde de domingo si te sintes en paz contigo misma. Todavía hai tardes habitables e caricias que se prolongan como un túnel perfecto. Todavía podo lembrar por qué algunha vez fun tan feliz...
*
Hai mañáns casi perfectas que duran un día enteiro e che mudan de estado corazón.

11 febrero, 2011

a veces hay que aprender a desprenderse de lo que simplemente no nos causa bienestar. Cuántas veces desee esta tranquilidad de espirítu pero no sabía ni siquiera por dónde empezar para alcanzarla...El camino acertado es ir poco a poco -o de golpe, si es posible- desprendiéndose de lo superfluo, de lo que de alguna manera nos causa malestar o desdicha.
*
...el amor, la posibilidad ridícula de poder llegar a tocarlo con la mano, es quizás el sendero más seguro hacia la infelicidad. La libertad empieza por liberarse de las ataduras de los deseos corpóreos que culminan en desilusión y que siempre acaban siendo decepcionantes. El placer efímero del sexo -el más efímero de todos los placeres- que no deja más que un tenue rastro en la piel que dura apenas unos segundos, es la trampa perfecta que nos impide alcanzar esa felicidad tranquila que nos reconforta al tiempo con el mundo y con nosotros mismos.
*
Intuía que estaba en este punto, o al menos que avanzaba hacia este estado irremediablemente. Lo supe en septiembre y luego , cada paso no fué más que un ir cercirándome de que toda la paz que necesitaba no estaba sino en mi, a mi alcance , de una manera sencilla y natural. Era epicúrea y ni siquiera me diera cuenta.
*
En otro momento de mi vida se me habría saltado el marcapasos por la boca con solo vislumbrar el contenido del sms, sin llegar a leerlo. Ver su nombre en la pantalla del móvil habría sido suficiente para hacerme saltar por los aires y dejarme sumida en la más profunda de las ensoñaciones. Ahora, simplemente leí el mensaje y con la prudencia que requería la ocasión interpreté sus palabras como lo que eran realmente, una invitación a salir de fiesta, los dos, a beber y hablar y bailar y divertirnos toda la noche dejando libres nuestros corazones, con una puerta abierta " a lo que surja".
Decliné la oferta con convencimiento, no presa de ningún tipo de estrategia, sino por puro instinto de superviviencia en coherencia con mi nueva forma de enfrentarme al mundo.
En lugar de eso, iremos al teatro. Nos sentaremos uno al lado del otro en un anfiteatro lleno de gente y compartiremos la historia que nos cuenten sobre el escenario en un gesto de complicidad tal vez mayor que cualquier tipo de acercamiento. Será su primera vez, y será conmigo. Luego le dejaré libre, con el regusto del teatro en los labios y la emoción del descubrimiento. Y se emborrachará probablemente con otra gente, y quizás tonteé con otra o con otras, e incluso puede que se acueste con alguna esa misma noche. Pero a la mañana siguiente me llamará para darme las gracias, para decirme -ahora ya sí ,en frío- que le gustó la obra y la experiencia, y estaremos indudablemente más cerca uno del otro.

09 febrero, 2011

O seguinte paso, que quizais debería ser o primeiro, foi comprar un cortauñas.
*
Hai días nos que me desperto sobresaltada, inquieta, coa memoria dun soño que me transportou a algún lugar coñecido do meu pasado recente no que ainda nos queriamos. Descubro deseguida que foi só un soño e penso na necesidade de borrar as pegadas que deixou na miña vida para sempre. Presinto que non hai remedio. As veces teño a impresión de que o tempo xoga ao meu favor nalgún tipo de relacións que se torcen de primeiras, pero neste caso teño a certeza de que cada día que pasa nos alonxa un pouco máis. Seremos moi pronto dous extraños que non teñen nada que dicirse, que nin a peor das desgracias nos achegaría un pouco, e eso , doéme demasiado. Gustaríame ter o valor de facer algo, algo definitivo. Marcar o seu número de teléfono e dicirlle que o boto de menos, ou o contrapunto desta decisión: borrar o seu número do meu móbil , desagregalo do facebook, esquecer que existiu.
*
Saiume sin querer, un saúdo tímido pero marcado, o movemento dos meus labios acompañado dun xesto coa man. Era un saúdo que non deixaba dúbida.Ás veces sucédeme, esquezo que esa persoa que de pronto me cruzo pola rúa me fallou e que por decisión propia quiteina da miña vida para sempre. Non son rencorosa, esquezo rápido os feos que me fan e incluso a dor e a humillacións que situacións me produciron, pero non quero perdoar sin máis, porque simplemente hai persoas que nin merecen o meu perdón nin eu me merezo vivir en paz con elas.
*
...recibín un email cando xa non contaba con el. Trátase dun email elaborado, nótase que quen o escribiu pensou que se atopaba no centro do meu universo e que non desexaba ferirme con impertinencias nin palabras sinceiras que me deixasen sin esperanza. Dinme conta de que son unha total incomprendida ao ler este email. Pensan que morro por eles, que cada palabra ,cada xesto , cada si ou cada non, será interpretado por min como un "todo" capaz de levarme á felicidade ou a tristeza máis profundas. Pensan que me narmoro sin remedio. Cada home co que me cruzo no camiño e que desperta un pouco o meu interese pensa que se convertiu de súpeto no home da miña vida, que non existe outro e que calquera cousa que faga ou diga pode ferirme. Si eles soupesen qué lonxe de min está mesmo a posibilidade mínima de namorarme...

04 febrero, 2011

Decidín que as promesas de ano novo non fosen -por unha vez- tan só promesas para incumplir sin impunidade e sin remordimentos. E fíxeno ao grande, volcándome nas miñas pretensións como si se me fose nelas a vida. Esta vez parece que está funcionando.
Deixei de beber como si non existise futuro máis alá do cú do vaso no que agoniza o vodka con naranxa, e tamén deixe apartada por decisión propia calquera tipo de atracción sexual cara o xénero masculino. Anulado deste xeito calquera tipo de desexo que poidese manifestarse na madrugada, e coa conciencia tan sumamente limpa , despois dun mes sin resquicio de vicio no meu horizonte insoportable, tan só me quedaba rematar a faena por completo e entregarme ao verdadeiramente serio, ao reto absoluto: deixar de comerme as uñas. Levo unha semana coa determinación firme de acabar dunha vez para sempre co que foi dende que era moi pequena a meu peor pesadelo , o meu gran vicio que ata hoxe consideraba irrenunciable. Si miles de fumadores ante a obriga legal de fumar nas portas das cafeterías, á intemperie , como parte apestada dunha sociedade que por fin respira ao mesmo tempo que tomar unha cerveza, pois por qué non ía eu deixar de meter os dedos na boca e rebañar a uña ata chegar á carne e saborear o meu propio sangue.
Nesas estou e vaime bastante ben. Como todos os que se propoñen vencer a un vicio que ten certo arraigo histórico na propia persoa, tiven que tomar algunhas medidas previas que sin dúbida estanme axudando moito. O primeiro un set de manicura, para cando sexa necesario (ahí está a motivación) ; despois, un brillo endurecedor con queratina, unha crema reparadora de cutículas, un cortacutículas e unha lima. A cousa está funcionando.
*
Anulado o desexo, e coa conciencia sumamente limpa, como dicía antes, a vida discorre no medio dunha tranquilidade que me acojona un pouco. Non beber, non follar, non perder os papeis, emocionarme o xusto e non ter a máis mínima posibilidade de namorarme estame proporcionando unha calma que nin tódolos tranquimazíns do mundo lograrían en mil anos. De saber que era tan fácil cantas visitas ao psiquiatra puiden aforrarme nos últimos tempos.
*
Ata sentarme nunha cafetería diante dun home polo que outros tempos o marcapasos se me poñía á altura da gorxa é agora un feito casi intrascendente.
Podo saborear o momento dun xeito distinto, sin esa tensión incómoda que me facía sudar e perder a consciencia da miña propia voz, do que estaba a dicir, facéndome quedar moitas veces como si fose parva. Desterrar da miña vida a atracción sexual, a posibilidade real de consumar esa atracción nun revolcón sin precedentes, levoume a aproveitar os momentos dunha maneira completamente distinta, e dende logo moito máis gratificante.

01 febrero, 2011

A marcha do millón: á procura da democracia

Mubarak ve o seu réxime desafiado pola vontade firme do pobo, que a pesar dos intentos de sabotaxe das comunicacións para evitar a convocatoria de manifestantes, botouse á rúa baixo un lema tan simple como clarificador: "pan , liberdade e dignidade".
Para hoxe está convocada unha gran marcha sobre Egipto, que se perfila como o principio da caída de Mubarak, a marcha do millón.
Mubarak contaba para facer decantarse a balanza ao seu favor cos brazos do exército, sin embargo onte o exército parecía negar este apoio á dictadura e posicionábase claramente a favor da democratización facendo público un comunicado no que manifestaba que as demandas do pobo eran lexítimas, e garantindo a liberdade de expresión pacífica para todos.
Deste xeito os militares exipcios viran as costas ao réxime de Mubark no que se considera unha invitación ao poblo a sumarse á gran marcha.
Parece claro que despois dunha semana de protestas continuadas e pacíficas nas rúas de Egipto, toda unha xeneración de xóvenes está a demostrar que está preparada e que reclaman dereiros e oportunidades, non para sobrevivir, senón para vivir en dignidade, máis alá do xugo da dictadura, e que son quen de encauzar o camiño da reforma de cara a un réxime democrático, calando as voces dos que como pretenteu o dictador caído en Túnez, queren ver detrás deste levantamento popular a rúbrica do islamismo radical, e non as ansias reais dun pobo de liberdade e democracia. Véñenseme aquí á memoria as palabras de Huntington na súa exposición sobre a terceira ola democratizadora: "as democracias consolídanse cando o pobo aprende que a democracia é a solución ao problema da tiranía pero non necesariamente a todo o demais"
A dúbida é agora descubrir si a transición democrática vai levarse a cabo con ou sen Mubarak, que xa puxo ao seu vicepresidente na palestra para negociar cos opositores, nun intento de conservar o poder.