11 febrero, 2012

En cuarenta minutos non se pode condensar todo o que se sinte, o que se vive e o que se añora cada día. Son poucos e fanse escasos cando a frialdade estructural do espacio se convirte en lastre inevitable.

Quero recoñecelo nas súas verbas, nos seus xeitos, na súa maneira de mirarme. Quero sentir simplemente , dun xeito tanxible e que non revista ningún xénero de dúbida, que alí estou por algo e para algo, e que non sería o mesmo si non estivese. Pero non vexo nada, non atopo sinais nos seus ollos que me indiquen que a miña presenza é imprescindible. E hai veces nas que unha necesita ser imprescindible para poder continuar sin doblegarse, para manterse firme e forte e irreductible ante a adversidade.
¿ E si unha non ama tanto como pensaba? ¿ E si de pronto se perde a confianza nos propios sentimentos e se comeza a dudar?

As obligacións morais fannos moitas veces esquecer os verdadeiros motivos das nosas accións e esquecemos ata preguntarnos a nós mesmos si eso que facemos é realmente o que queremos facer, si nos da felicidade ou só se trata de que pensamos que é o que debemos facer. As dúbidas son como unha cortina de fume que nos alonxa da realidade. Si antes estaba -eu sei que o estaba- profundamente namorada, ¿qué sucede agora?


*