30 mayo, 2012


Vivir co marcapasos no límite da súa batería cando este se fai imprescindible para vivir ten as suas ventaxas, ainda que non o pareza. A principal foi redescubrir a placidez do sono e dos sonos, a calquera hora, en calquera lugar e cincurstancia, sin preocupacións que ameacen a súa  plenitude.
Polo tanto, durmo. Durmo as horas todas das que dispoño, de xeito que a miña vida é traballar e durmir, e todo o tempo libre é pouco para satisfacer as miñas ansias de sono. Quítolle tempo as comidas –unha ensalada ou un bocadillo- e túmbome no sofá disposta a durmir e soñar durante toda a tarde. As veces abro un ollo e sin perder o fío do soño intento recuperar a consciencia uns minutos, pero todo intento é inútil, e ao pouco volto a caer presa da ledicia que da durmir a perno solta , allea ao mundo por completo, á prima de risco que sube, aos recortes en sanidade e educación, a choiva que cae con forza e ao vento que fai tremer as fiestras. Durmo e son feliz. E canto máis durmo máis sono teño. E canto máis durmo, máis disfruto do placer de durmir.
***
A prima de risco, hoxe  en 519 puntos, que si chega a pasar estando o PSOE no goberno , colgan a Zapatero nunha praza pública, que para eso sí son os espazos públicos, para o entretenemento do pobo. Porque as plazas –dise por ahí- non poden ocuparse con manifestantes pacíficos que falan de política ,porque entorpecen o desenrolo normal da vida dos cidadás pacíficos que só queren vivir e esquecer, sin falar de política; pero as prazas sí poden ocuparse de hinchas borrachos que festexan os ascensos dos seus equipos de fútbol. ¿Cal é a diferenza? ¿Entorpecen estos menos a actividade normal das prazas das ciudades? Ou é que o feito de que estén borrachos lles confire menos perigosidade?  Ou quizais sexa que o tema do fútbol resulta máis riquiño aos nosos gobernantes e polo tanto se lles fai máis tolerable. Que xa se sabe que en épocas de crise algún opio é necesario e neste país o fútbol e a relixión sempre cumpriron moi ben con esta tarefa. Pois iso, manifestarse pacíficamente nas rúas e prazas, non, que é delito. Celebrar borrachos ata a madrugada que gañou o Depor –por dicir un- facendo ruído , manchando as rúas, provocando destrozos accidentais por causa do alcohol, sí, que isto no noso  país é cultura.

 ***
Hai regalos bonitos , regalos funcionais que veñen ben nesta época de crise (todo por meter a palabra crise neste post, para darle máis actualidade) e regalos apañaos que cobran vida ao sair do paquete que os envolve. A min fixéronme no pasado cumpleanos agasallos dos tres tipos, pero sen dúbida eu quédome co apañao. Explícome:
O regalo de entrada é sinxelo e preséntase envolto dun xeito sobrio e discreto, pero a discreción esfúmase cando fai a súa presentación. A funcionalidade do xénero (un pantalonciño curto) deixa paso deseguida ao excéntrico do seu diseño, pero non chama a atención.  A cousa cobra seriedade cando o probas, e ahí está a realidade da vida: o pantalonciño cobra vida propia, e mesmo parece que fala, porque ese pantalón , posto nun corpo , ten verdadeiramente moitas cousas que dicir.
“Hoxe teño unha noite atroulada, quero dicir, que me apetece máis unha troula que a un neno un chupachups e que vou rachar coa pana” E xa te podes  poñer ti como queiras que o pantalón xa tomou a súa determinación persoal e leva o timón, para ben ou para mal.
Fala máis ca ti, divírtese por sete, baila e ronronea por onde pasa, e non se cansa por moito que ti lle lembres o tema do ERI e tal e tal. Vamos, que non entende razóns o pantalón  máis alá do de carpe diem  e non deixar para mañán…E chegados a este punto, unha pregúntase si foi tan boa idea o deste pantalón, que dende a súa cor discreta daba apariencia de tranquilidade. 

07 mayo, 2012



¡Vive la France ¡

¡VIVE LA FRANCE¡


Hollande significa hoxe, máis que nunca, esperanza. Porque hoxe toda a socialdemocracia europea mira cara a Francia con felicidade e optimismo, deixándose sentir por primeira vez en moito tempo aliviada e mesmo eufórica. París convertiuse nunha festa de puños con rosas, que celebraban a victoria socialista despois de 17 anos. Pero a victoria socialista era algo máis na madrugada de onte, era a esperanza dunha Europa que se afunde nunha austeridade que Hollande calificou de fatalidade. O estado de bienestar que caracterizaba o sistema económico europeo fai augas coa crise e os dirixentes europeos non foron quen de buscar o camiño para restablecer a saúde económica e financieira de Europa sin dañar os pilares básicos do estado social. A austeridade condenounos a recortes que nos convertiron  en insolidarios e pobres, cada vez máis pobres. E no medio da miseria, por toda Europa aflorou a ideoloxía ultradereitista dándolle a volta a sociedade como se fose un calcetín.
España, con só uns meses de goberno do PP, xa non a coñece nin un apuntador. Convertímonos nus país gris, triste, que se encorva sobre sí mesmo, que perdeu a chispa, que non cre na esperanza e comeza a non crer nas persoas.  Camiñamos rumbo ao abismo, e non se ve luz ao fondo. E entón, Francia abre unha fiestra a novos plantexamentos, a novas políticas, a novas posibilidades. E todos miramos a Francia nesta mañá de 7 de maio, para sentirnos algo libres ao fin, e como xa aconteceu antes no pasado, o canto de esperanza dos nosos veciños franceses convértese no noso propio canto de esperanza. Hoxe  máis ca nunca  ¡vive la France¡

04 mayo, 2012


Comezo sempre o xornal pola contraportada, é a miña maneira de marcar o ritmo que lle quero dar as cousas dende o principio, así son eu, así piso, así me rebelo contra todo. Porque hoxe a rebeldía debería ser algo máis que manifestarse nas rúas e ir a manifestacións. Hoxe a rebeldía ten que sentirse e palparse dende a primeira hora, acompañando ao fume do café ás oito da mañá , cando o xornal todavía ule a imprenta e os ollos ainda non se abriron de todo. E ahí é donde comezo eu a rebelarme contra todo,  contra o goberno que nos caeu enriba –que nos botamos enriba a golpe de maioría absoluta- contra a oposición que se desgasta en trifulcas internas en lugar de plantarlle cara a Rajoy…Contra todo, porque todos os frentes están abertos, ou a punto de abrirse, cun presidente ao frente que ameaza e lapida os nosos soños cada venres. E por iso eu comezo pola última páxina, que sempre é un alivio antes de enfrentar os titulares que acabaran por destrozarme –procura estar relaxada, díxome a cardióloga- cada día un pouco máis.

***
Hoxe é venres de dolor no panorama patrio. Sairá Rajoy do escondrixo a cumplir co prometido – “todos os venres , recortes”- e nós falaremos de política nos bares , nos autobuses e nos ascensores sin saber que estamos falando de política. Falaremos do pago da comida nos hospitais, de si un enfermo pode sufragar o custe que lle suporía un ingreso de dous ou tres meses si só dispón dunha pensión mínima ou dun soldo base. Falaremos de pagar peaxe para ir polas autovías cada días aos postos de traballo. Falaremos dos catro cafés que os pensionistas deberían deixar de tomar para poder pagarse os medicamentos. Falaremos dos traballadores que se van ao paro cada día. Falemos dos xóvenes que non atoparon todavía o seu primeiro emprego. Falaremos dos pais que ven incerto o futuro dos seus fillos e que comezan a facer cálculos para caer na conta de que difícilmente poderán envíalos á universidade.  E nestas conversas de café, iremos descubrindónos a nós mesmos,  a esa clase media  acomodada e conformista que aseguraba vivir á marxe da política e que aseguraba cando lle preguntaban pola súa intención de voto que todos son iguais, que xa non podemos continuar mirando para outro lado e xustifiando o noso pasotismo con que a política é cousa duns  poucos. Porque ao final tratábase disto, de  ter que pagar ou non  o tratamento para o asma , de ir a un hospital e ter garantizada a tua nutrición e hixiene ainda que non poidas pagalas.  Por iso  hoxe non se fala doutra cousa máis que de política, algo que parece que comezamos a descubrir que é cousa nosa, dos nosos votos, que se foron en masa para o PP e xa se encarga Rajoy de recordarnos que por eso ten a maioría e fai e desfai como lle da a gana.  E agora, de venres en venres afogamos en recortes, e no malestar xeral  hai un pouso de nostalxia e unha punzada de culpa silenciosa. Hai quenes botan peito e din que as reformas son necesarias, pero en xeral, todos saben que apretar aos pobres de pedir  vainos levar a todos ao abismo. E por iso falamos máis que nunca de política, nós, que pasábamos de todo.