10 agosto, 2012

"O verán sempre te leva a lugares novos, ainda que sexan o mesmo lugar mil veces visitado. Esta vez Caminha é con Rocío -a miña Rocío de sempre- e co seu fillo, con Jose, coa miña irmá...E ainda podo visitar a Pedro e sentir que a miña vida tampouco  pasou en balde, que teño vivido e que quedan os recordos.
Fai un mes que levo o meu novo marcapasos. Pensei que quedaría o verán perdido entre hospitais e cicatrices recentes, pero non. Quedaba verán por diante, quedaba Barreiros con Rocío, quedaba Portonovo, Portugal...E boto a vista atrás e sinto que non añoro nada , que todo está ben así. Está sendo un bó verán" Caminha , 5 de agosto de 2012
Pasado algo máis dun mes dende a miña operación ando ás voltas cos puntos internos, que se empeñaron en darme o verán e frenar a miña ledicia por unha recuperación tan rápida que está fóra de todo protocolo.Puiden ir vacacionando co inconveniente das gasas esterilizadas, o Betadine e os parches pola mañá e pola noite. Nada de bañarme no mar, nin nas piscinas, e todo o día escoitando a mesma cantinela dos amigos -todo boa fe, todo atencións e cariño- "¿cómo está o punto? ".E así  vai pasando o meu verán, entre as miñas pequenas desgracias e o país a piques de ser rescatado outra vez , e a miseria chegándonos ao pescozo. Sin embargo, pese ao BCE, a prima de risco , os achaques do meu post operatorio...o meu verán particular non está sendo un mal verán. Ainda puiden coller un barco e visitar Ons como si nada, e durmir nunha tenda de campaña e dar uns bicos furtivos a un veraneante antes de que él dese por finalizadas as súas vacacións e o perdese de vista para sempre.
*
Xulio foi extraño, díficil quizais, pero agora sinto que xa pasou e que todo o sufrimento que pasei durante a operación, e incluso antes, queda na miña memoria como un recordo lonxano e impreciso. Miro o pulso de cando en vez, para recrearme nas miñas oitenta pulsacións e síntome chea de ganas de aproveitar agosto. Virá logo setembro e tocará replantexar a cuestión, soltar lastre quizais, reinventarme si non me queda outra. Pero agora disfruto do sol como quen disfruta dun regalo que che fan por sorpresa. Estou contenta ao tempo que supuro rabia contra todo , pero estou na miña burbulla familiar, e coidan de min como si fose unha cativa que puidese romper a chorar en calquera momento. O marcapasos atopou o seu lugar baixo do brazo e non molesta, o corazón cobrou un ritmo novo, vital e saudable, enérxico. Eu , que perdín o traballo ás portas do hospital luzo moreno na aldea e pinto as uñas de colores. Ao mal tempo, xa se sabe...Porque a vida vai ser igual de jodida conmigo rindo ou chorando polas esquinas. E eu escollo rir alí por onde paso. Gañei unha batalla este verán, a máis importante. Agora o tempo é para batallas novas, pero paseniño. Agosto é para vivir, para estudiar, para esquecerme de todo...

02 agosto, 2012

Traballei no Instituto Galego de Consumo en Pontevedra dende o ano 2002 ,e no ano 2009 comezou a miña batalla xurídica contra a Xunta de Galicia e contra a empresa Eulen SA que me tiña contratada; batalla xurídica que a día de hoxe está ainda lonxe de rematar. Dende o 2009 a miña vida laboral non foi sinxela e a Xunta non mo puxo fácil. O TSXG deume a razón en segunda instancia e declarou nulo o meu despido, pero a ledicia durou pouco porque dous meses despois vinme de novo na rúa e ás portas dunha operación. Os feitos , máis ou menos, son estos. Pero non só me despediron a min, senón que non dubidaron en despedir tamén á miña compañeira, e deixar o servizo de atención ao consumidor en Pontevedra sin atender. Claro que a Xunta é poderosa, e por arte de maxia as nosas mesas e os nosos teléfonos xa son atendidos por novo persoal ,recentemente contratado tamén por Eulen. Eu non escribo todo esto para protestar por esta situación de todo inxusta e prepotente por parte dunha administración pública, que eso xa o farei donde teño que facelo ,que sendo eu muller de leis  todavía me queda unha pouca de fe na xustiza. Escribo polos meus compañeiros, por todos eles, para que todos saiban que a eles non, a eles non lles van subir o soldo 2000 euros por moito que se vexan saturados de traballo por todo o lío das preferentes. Non lles van subir o soldo porque de repente teñan que asumir , sin experiencia e formación, todo o traballo que durante dez anos viñemos desempeñando eu maila miña compañeira na oficina do consumidor. Eles non son avogados, non coñecen as leis, non atendían ao público...Eles non tramitaban as reclamacións. E de pronto, vense co seu traballo non só duplicado, senón cunha carga de traballo que lles supón unha dificultade engadida por non ter nin a formación adecuada, nin a experiencia necesaria. Por eles escribo, porque me apoiaron sempre, dende o primeiro xuizo ata o último despido, porque estiveron á altura das circunstancias e tiveron que conxugar a  súa responsabilidade como funcionarios e traballar o doble e esforzarse por prestar o servizo que os consumidores necesitan, coa indignación e a rabia e a impotencia que lles xenera ver como se machaca inxustamente a dúas compañeiras de traballo, no meu caso incluso podo decir amiga.
Escribo por eles, porque foron durante dez anos os meus amigos e a única familia que tiven en Pontevedra. Eles leváronme ao médico cando estiven mal, acompañáronme no hospital e invitáronme a comer coas súas familias. Sacáronmen de copas, acolléronme na súa intimidade máis alá das paredes e do mundo da oficina. E sufriron conmigo os xuízos, os despidos. E viñeron a declarar.E cando eu estaba no peor momento , cando o meu corazón comezaba a agonizar ás portas dunha operación , eles foron os primeiros en darme ánimo, en estar ao meu lado, en coidar de min.
Voltei á oficina para saudalos, para darlles ás gracias do único xeito que sei, e do único xeito que -coñecéndoos- sei que aceptarían, coa miña vitalidade e enerxías renovadas depois de operarme do corazón. Dinlles as gracias cun abrazo, en silencio ,sin decirlles que os quero e que os boto de menos. Pero sei que o saben. Non me parecía suficiente, porque a homenaxe que merecen , o recoñecemento que merecen vai máis alá das palabras e dos xestos. Eles son os que merecen os 2000 euros de sobresoldo por todo o traballo que están asumindo polas inxustizas dunha administración pública inxusta , pero ademais merecen o cariño e o respeto de todos.
Son o mellor que me pasou nesta cidade, e todo o mundo debería sabelo.