21 octubre, 2012

Outra xornal electoral. Non vivín a campaña porque consideraba que ésta non era a miña batalla, pero hoxe, sin embargo , é distinto. Porque hoxe toca votar, e esto son palabras maiores. Eu votar penso que votarei sempre, ata cando me quede só o último suspiro. Claro que a ilusión non é a mesma que noutros tempos, agora todo anda revolto e a política cobrou na miña realidade unha forma confusa, de obra de teatro, de farsa burlesca que non vén a resolver nada. Eu irei votar pero non sei que espero desta xornada electoral. Cando ás oito da tarde pechen os colexios electorais ¿cal é o escenario que desexo? Pois ahí está a miña dúbida principal ,porque agora mesmo descoñezo ata ese importante desexo. Pero fágamolo doutro xeito, por exemplo ¿qué vai pasar mañá? Poden pasar moitas cousas , e dende o meu entender todas as opcións son desalentadoras para Galicia. Unha opción é que o PP manteña a súa maioría absoluta, ben , ahí nada que dicir. Todo seguirá precipitándose ao abismo á velocidade que levabamos ata agora. E logo está o abanico de posibilidades que se abre coa posibilidade de que o PP perda a maioría. ¿Quén goberna? Primeiro poderíamos pensar nun pacto de goberno entre PSdG-PSOE, BNG e a nova coalición de esquerdas AGE. Neste caso podemos pensar nun goberno con Pachi ao frente e un batiburrillo de consellerías socialistas , nacionalistas e "beiristas" que dende logo será difícil consensuar. Si non se consigue ese pacto , a seguinte opción sería un pacto de investidura e un goberno de Pachi en minoria no que cada decisión conlevaría un amplo debate parlamentario e a procura de acordos constantes entre os diferentes e tan dispares grupos de esquerdas. ¿Sería posible neste caso a gobernabilidade? e ainda imaxinando a posibilidade mínima de alcanzar os acordos necesarios para ir tirando , ¿ata cando ? ¿Seis meses, un ano, ano e medio...? Porque francamente penso, que con este panorama seríamos convocados as urnas de novo dentro de ben pouco tempo.
Claro que tamén pode pasar que nin siquiera se consiga ese pacto mínimo de investidura, que a esquerda non se poña de acordo para quitarlle o goberno á dereita e polo tanto, sexa por exemplo Beiras quen permita que Feijoo goberne en minoría e en pro da gobernabilidade, deixando á esquerda xogar o papel dunha digna oposición.
Por suposto que hai máis escenarios e que todos son dalgún xeito posibles, pero ¿cal é o mellor ? Dende o meu corazón de esquedas dubido. Porque vexo en cada pacto potencial a posibilidade dun fracaso futuro, porque unha cousa son as campañas, con todo boas intencións, e outra ben distinta é o que se fará á hora da verdade, cando discutir non sexa un teatrillo para captar votos senón unha necesidade para alcanzar calquera medida. Pachi de presidente, e un tripartito de facto que se vai encontrar en frente cunha oposición forte ,altamente avalada polas urnas. ¿Acaso non servirá esto para fortalecer á larga ao PP e destruír ainda máis a credibilidade dos partidos de esquerdas? Un fracaso prematuro do tripartito no goberno supoñería -esta vez sí- o triunfo do PP sin ningún tipo de esforzo e sin ningunha dúbida nos vindeiros comicios e por moitos anos. A política é cuestión de momentos, de tempos longos, carreiras de fondo, e si o penso moito creo que Galicia precisa agora un goberno estable e decidido que non dubide, e por máis que lle dou voltas non encontro ese goberno no panorama electoral que se nos plantexa este 21 O.

04 octubre, 2012

soñar contigo

Voltar é sempre reencontrarse co que deixamos atrás, ben porque quixemos ou porque non quedou máis remedio, ou porque nos esquecimos, ou porque sin máis non soupemos conservar a rutina que tiñamos...Voltar é deixarse conquistar de novo, deixarse querer , mecer no murmullo de palabras agarimosas, unha especie de memoria recobrada de súpeto , que nos rexuvenece.

*

"Are you going to have a coffee this evenig? No, I´m going to have a beer. Who are you going to have a beer with? With Bea..." Estas son a verbas necesarias para darlle a volta as cousas. Para lograr o que parecía imposible. Algo como aquelo que foi ir a facer senderismo todos os domingos de outono ás oito da mañá, fixera sol ou chovera. E si había que coller na man formigas vermellas , pois collíanse. E si había que mollar os pés , pois mollábanse. Qué pouco fai falta, ese salto, ese segundo no que alguén suxire e outro responde sí, e logo todo vai rodado, precipitadamente, ata sabe deus qué abismos. Logo virán erros, deses que se ven vir de lonxe pero que ninguén fai nada para detelos a tempo , todo o contrario, deixamos que a máquina se precipite e que se salve quen poida. Non serei eu ,eso seguro. Eso soupeno casi dende o primeiro trago de cervexa da tarde, pero por si quedaba algunha dúbida, enriba da mesa, a través dun teléfono móbil soaba aquela canción, de Zenet con Z, malagueño. Tan impresionante que lle dixo á camareira que parara a música un intre para escoitala polo móbil. Inocentes e atroces as nosas voces por detrás da voz de Zenet. Grotesco e brutal .Xa podía soar de novo a música e xa podiamos beber cervexa ata o amencer. Xa daba igual e non valía de nada andarse con disimulos. Cando me poño excesiva recoñezo enseguida o grao de personalidade que me está sobrando, que vai deixarme quedar mal tarde ou cedo. E hoxe sucedíame, pero non era a única que  estaba arriscando demasiado . Soñar contigo, cantaba Zenet. E na miña cabeza todo tiña a consistencia dunha película mala , de lolitas e cuarentóns en crisis. Algo falla. Eu tamén o pensei. Cada persoa leva consigo moitos traumas e deixaos ver aos poucos , entre as rendixas. Soñar contigo para min é das mellores cancións que ten Toni Zenet. Logo está a de Un beso de esos que él non escoitou. Si a escoita esta noite xa sería o colmo.  É o colmo de todos xeitos. E os grandes acontecementos comezan así, dunha maneira do máis boba: Are you going to have a coffee this evening?