19 abril, 2013

Comeza a calor , pero dunha maneira discreta, sin que casi nos demos conta, sin que nos acostumbremos. Uns raios de sol, máis nada. Abril discorre  rápidamente e eu comezo a reinventarme nun 2013 que parece darlle a benvida ao porvir.
Merquei unha bicicleta e isto casi parece sinónimo de felicidade. Porque a vida debería ser só isto, as pequenas cousas do día a día, sin grandes pretensións , nada máis alá da supervivencia.
E si non durmo ben, si ando nerviosa ou abatida, si de vez en cando se apodera de min a ansiedade, non debo darlle demasiada importancia. Os cambios son eso, ao fin e ao cabo, un estruendo, unha detonación na existencia que fan que todo  se remexa. Pero tamén nos cambios se pode encontrar unha paz distinta que se abraza ao futuro para facerse posible.