31 diciembre, 2013

Feliz Ano

Acábase o 2013 e non teño nin a mínima sensación, nin de deixar nada atrás nin tampouco de ir a comezar algo novo. Só é unha noite máis, pero este ano non quixen someterme á tortura de botar a vista atrás e facer balance. O bo xa pasou e recordalo só traería nostalxia. E o malo, seguramente xa esté de todo olvidado, como debe ser. Así que , hoxe só miro adiante con todo o optimismo que me cabe no peito.
Xaneiro vai ser un bo mes, a pesar do frío e de que teño que camiñar soa, esta vez sí, xa liberada da pena do amor perdido. E mentiría si dixese que non estou ilusionada co cambio, porque diso se trata, de desexar as cousas que son irremediables para conseguir así certa felicidade.
Teño propósitos para o ano novo: vou camiñar agora que teño o meu  pe xa curado, e poñerme a estudiar, e recuperar a rutina que perdín cando el me dixo que non me quería.
***
Feliz ano a todos.

25 diciembre, 2013


BO NADAL A TODOS

23 diciembre, 2013

"Bebo porque cuando bebo, pasan cosas " F. Scott FitzGerald
***
Creo que acabo de encontrar la solución a mis problemas con el amor, mejor dicho, con el desamor. La bebida. Suena algo desgarrador y quizás incluso preocupante, pero no, no hay que alarmarse. Sólo será un tiempo, mientras no consiga que funcione el engranaje de mi vida. Lo cierto es que últimamente ya estaba cayendo en la bebida, pero no lo estaba haciendo bien. No era consciente, no me entregaba al acto de beber como si se tratase de una tabla de salvación, más bien, bebía para evadirme de mi tristeza, para olvidarme de mi misma y de mis desgracias, para olvidarme de el. Ahí el error. Beber en estos momentos puede salvarme, pero debo de ser consciente de por qué bebo y que pretendo encontrar en mi embriaguez. Y la respuesta es vivir, que pasen cosas, que de nuevo suceda algo que me ilusione, o que me desespere o que me destroce el corazón en mil pedazos en la puerta de un baño a las siete de la madrugada. Cualquier cosa sirve si realmente soy consciente de que estoy ahí para emborracharme y salir airosa de lo que se me presente. Basta de llorar por lo perdido, basta de sentarme en el sofá viendo Top Chef y esperando que se me pase el dolor y que aparezca un superhéroe por la puerta para salvarme. La respuesta está en salir , salir todo lo que el trabajo me permita, y beber con el único propósito de que  suceda algo.
He encontrado la respuesta y es Navidad. Vilalba no es el mejor lugar para que mi vida comience a girar de nuevo, pero puedo tomarme estos días aquí como un calentamiento de lo que vendrá después. 
A nostalxia pode ter mil formas e ás veces tranformáse nun pesadelo que casi non nos permite nin respirar. Algo así me está a suceder nestes días nos que xa estamos de cheo no Nadal, e sin embargo, eu non podo sentir nin ledicia nin paz nin tranquilidade. Só podo sumirme na tristeza dunha nostalxia azul de días felices nos que a palabra amor todavía significaba algo. O pasado Nadal tivo sentido, e por eso agora, rotas xa en mil pedazos aquelas ilusións, hoxe non sinto máis que balerio. Quixera durmir durante meses,  e despertar en marzo ou en abril, xa curada desta desolación que me envolve. E teño medo, moito medo de que non pase tan fácilmente, de que non basten dous meses para ser de novo eu , sin o lastre castrador dun pasado que agora lembro como moi feliz e de todos xeitos irrecuperable. 
***
Vexo na fotografía o meu rostro e comprendo dalgunha maneira por qué agora me sinto tan abatida, tan desganada, como a punto sempre de  chorar. Era terriblemente feliz, disfrutando do que tiña, amando o que tiña, sin pensar  que un ano despois todo se me antoxaría unha farsa.
***
A nostalxia é unha enfermidade mortal.

19 diciembre, 2013

¿canto tempo dura o desamor?
Sinto que levo meses sumida nesta nada inmensa que é o que queda despois do amor. Só fago unha cousa durante todo o día: botar de menos. Boto de menos casi todo, e por veces teño medo de afogar nesta ansiedade que sinto, nesta falta de todo, nesta falta del . Porque de pronto el levouse consigo toda a miña vida, todas as miñas rutinas, todos os meus espacios favoritos, todas as miñas ledicias. E deixoume ao borde do precipicio, soa , aburrida, incapaz de poñer un pé diante do outro e  continuar camiñando
¿ canto?
Lembro a Jorge, e sei que todo desamor pode salvarse, que recuperarei a felicidade que me proporcionaba antes estar soa , que recuperarei o ritmo dos días  disfrutando tan só da miña compañía  e da dos meus amigos...Que recuperarei o meu espacio perdido nesa relación. Pero, ¿canto tempo fará falta?
e entre tanto...¿e entre tanto?

Amy Winehouse - I Saw Mummy Kissing Santa Claus




Fai xa un ano que soaba esta canción...Non quero poñerme triste, nin nostálxica. Só quero lembrar con certa ledicia o ano que pasou, a través de pequenas cousas que foron sucedendo...como esta canción. Soaba nunha clase de inglés  nestas mesmas datas. Pero todo o que se me presentaba daquela por diante era ben distinto. Nun ano perdín certas cousas, ou quizais é  máis simple que todo eso - non se pode perder o que nunca se tivo-. Hoxe , non quero derramar bágoas pensando no que puido ser e non foi, no que perdín, no que non vai volver a repetirse.
Non teño espíritu navideño, e sin embargo, non podo máis que pensar nesta canción e naquela clase de inglés e en todas aquelas cousas que poblaban a miña rutina o pasado nadal.


***


Miro o whatsapp e o seu nome vai quedando cada vez máis abaixo na miña lista de chats. Xa non me escribe. Xa non teño nada que dicirlle. Pero sigo botando de menos as mensaxes rutinarias , de pura intendencia, que se sucedían cando remataba o traballo ou antes da hora de comer. E entón, abro o seu chat e miro a súa última conexión. E imaxino con quen falaría e sobre qué. E non sei si é peor ver que se conecta moito, ou pouco. Porque as explicacións -todas elas absurdas- que me monto na miña cabeza son simples imaxinacións miñas.
Pero sin duda o máis triste de todo e querer falarlle, decirlle calquera cousa para que volva o seu nome a aparecer ao principio da miña lista de whatsapp, e non ter nada que dicirlle.