18 marzo, 2014

Confío no destino e por iso sempre soupen que volvería a ter noticias de Jorge, sin embargo, o que nunca imaxinei foi que sería a través da súa muller e cinco anos despois de deixar o noso. Non minto si digo que casi todos os días teño que loitar contra o recordo de Jorge , para que a nostalxia non anide no meu corazón e non se torne tristeza. E casi sempre consigo que o seu recordo se difumine e non me cause nin a máis mínima dor, pero agora que Susana -así se chama a súa muller, pronto exmuller- entrou na miña vida, todo se me remexeu por dentro, e aqueles sentimentos encontrados doutro tempo voltaron coa mesma contundencia que fai cinco anos. 
Que o amei non podo negarmo a min mesma. Eso notábase en todo, pero tamén é certo que quizais foi unha das poucas persoas ás que amei dun xeito franco e sano , desinteresadamente, como debería ser sempre o amor. Só ao final, cando el comezou a interferir no meu tempo, nas miñas cousas e eu comecei a sentir tristeza pola súa ausencia durante semanas, tivemos que despedirnos dun xeito non demasiado agradable.
A súa muller descubriu agora a nosa historia. Ela, que foi fiel moza e fiel esposa durante dezaseis anos da súa vida, descubriu que durante máis de cinco anos o seu mozo compartiu cama, confidencias, risas e promesas con outra, conmigo. Supoño que o seu mundo tivo que derrumbarse dalgún xeito  ao sentir que o home que amaba en realidade nunca a quixo. Pero , ¿e eu? ¿Qué sinto eu cando cinco anos despois descubro que el gardaba as miñas fotos e mesmo un diario falando de min? 
***

10 marzo, 2014

Propúxenme un día volvelo tolo e teño que admitir, coa vergonza toda que me da a miña ignorancia sobre unha cousa tan básica da vida como é o amor, que non sei cómo conseguilo. O seu sorriso é suficiente para intentalo. Quero volvelo tolo, si. E si volvelo tolo é telo todo o día pensando en min, ainda que non acerte el a saber qué  lle está pasando, pois bueno...non vou por tan mal camiño.

***

Eu sei tantas cousas do que lle pasa pola cabeza. Sei , por exemplo, que pensa que non son a muller que lle convén, que só intentalo implicaría unha loita diaria cada día. Pensa que nos mataríamos un día calquera vendo as noticias ou nunha xornada de reflexión. Pensa que son volátil e veleta. Que pode chegar a quererme moito. Pero pensa ademáis que é demasiado cedo para volver a namorarse, para entregarse a alguén, para deixar que lle toquen de novo o seu corazón. Demasiados riscos cando todavía hai feridas abertas. Eu sin embargo, son moito máis valente .Eu tiraríame á piscina sin dudalo, e apostaría firme polos seus bicos cada madrugada. Entre tanto, eu sei que pensa en min. Pensa en min cando se pasa coas copas, antes de durmir, e cando se levanta de resaca. Pensa en min tantas veces que ata non me extrañaría nada que revisase o meu facebook máis dunha vez ao día. E non quere que se lle note. Pero de vez en cando, a sinceridade dos seus ollos delátao. E cando queda o recordo dos últimos bicos, entón, séntese arrepentido. Pero ainda nese intre no que quere dicirme adeus para sempre, está pensando en min.