08 septiembre, 2015

VINTE ANOS NON SON NADA


Hai cousas que non cambian por máis voltas que dé a vida. E en parte, tal inmobilidade reconfórtame. Porque hai moita ternura nos bicos antigos, que non defraudan nunca. E hai cervezas de madrugada nun bar que encerran máis verdade que moitas das relacións estables deste mundo.

Porque vinte anos, como di a canción, non son nada, pero sí son tempo dabondo para saber que hai lazos que xa non se van romper, e miradas que din máis que as palabras. E nesa seguridade absoluta que da o ter plena confianza nalguén descubres que o amor…, que o amor está moi sobrevalorado ás veces, e que quizais conta máis a entrega, a constancia, o paso do tempo suave e calmo sobre dúas vidas que se encontran e desencontran e que non paran de enredarse. Durante vinte anos.