“Sé que no hay camino de regreso/ que el desamor está en
los huesos/ pero hay maneras de vencer. / Sé que aunque haya cosas que
terminan/ crece otra piel sobre la herida / y todo puede suceder.”
O amor ten mil caras, mil maneiras distintas de
revolvernos a vida. Pero ás veces tamén é preciso deixarse arrastrar, e apostar
forte. Co risco de perder. De perder unha vez máis.
Estou nesas. Na última encrucillada do ano, no último
abismo, na última aventura. E por iso estou tranquila. Porque pase o que pase,
será o último accidente mortal deste ano 2015 que está a piques de rematar. E
logo pecharei a porta á súa mirada e non haberá máis posibilidades. Non estará
cada mañá moi cerca, nin poderá asomar a cabeza polo meu despacho para falar
uns minutos e dicirme que logo podemos ir a tomar algo. Nin morrerei derretida
no ben que lle queda o azul…
O Nadal vai ser neste caso un punto final, sen prórrogas,
sen segundas oportunidades. Porque sen fichaxe ás oito el xa non
terá cabida no meu mundo .
Sei que a vida non remata na oficina, pero quizais a
miña historia con el sí debe rematar entre as catro paredes do traballo, e
morrer ahí, na despedida ás portas da noiteboa, cunha mensaxe que presinto, ao
dar ás doce na noite de fin de ano.
E despedirei o ano pensando nel. Por última e derradeira
vez. Porque os amores non correspondidos tamen teñen data de caducidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario